Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CONGRESO NACIONAL
A FGC estivo presente no primeiro Congreso Nacional de Caza y Desarrollo Rural
14/10/2011

A FGC, representada polo seu presidente Javier Nogueira e o presidente provincial de Ourense Luis Leites, estivo presente nesta primeira edición

Os pasado días 29 e 30 de setembro celebrouse na localidade manchega de Toledo o I Congreso Nacional “Caza y Desarrollo Rural”, organizado polo MARM xunto coa Real Federación Española de Caza e APROCA-España. Ditas xornadas estaban dirixidas a alcaldes, xestores de entidades públicas, partidos políticos, grupos de desenrolo rural, cazadores, titulares de coutos, asociacións de carácter cinexético e outros profesionais do sector. O obxetivo do congreso foi o promover a cooperación entre os cazadores e outros sectores económicos e sociais afectados, así como mostrar o papel esencial da caza na conservación do medio natural e no desenrolo económico das rexións rurais máis desfavorecidas.

A Federación Galega de Caza decidiu participar neste evento de gran importancia a nivel nacional; alí estaban presentes o presidente autonómico Javier Nogueira e o presidente provincial de Ourense, José Luís Leites.

Das diferentes ponencias e mesas de debate que tiveron lugar durante os dous días que durou este primeiro congreso estraéronse as seguintes conclusións:

1.- A caza é o primeiro subsector económico do medio rural e dende esa evidencia é necesario un maior protagonismo, participación e colaboración entre o sector e a Administración.

2.- É necesario, definitivamente, superar a falsa dicotomía entre a conservación da biodiversidade e a caza, e recoñecer a evidencia do papel que a actividade cinexética ten na vertebración do medio rural.

3.- É preciso fortalecer a capacidade empresarial e os seus instrumentos asociados para permitir unha plena incorporación da caza á actividade económica e á creación de riqueza.

4.-É convinte un novo marco xurídico nacional que permita desenrolar a actividade cinexética dende unha perspectiva de Estado, sen menoscabo das competencias autonómicas, pero asegurando un esceario común e homoxéneo para todo o territorio nacional.

5.- É procedente revisar a situación administrativa e de regulación xurídica asociada á práctica de la caza.

6.- Neste sentido, é necesario reforzar o papel empresarial na actividade, devolver responsabilidade aos protagonistas locais, fortalecer a figura dos territorios acoutados e mellorar a capacidade técnica dos actores e profesionais da caza.

7.- Un novo marco específico con alcance legal básico e de carácter xeral para a delimitación de funcións, competencias e réximen laboral dos profesionais da actividade, en concreto dos gardas particulares de campo, guardas de caza.

8.- A aportación económica da actividade cinexética ao medio rural debe ser revisada e coñecida, e débese realizar un estudio completo e exhaustivo neste sentido, no que deben participar as administracións públicas e o sector, con participación, transparencia e rigor.

9.- A imaxen da actividade cinexética debe mellorar. É necesario facer un maior esforzo de divulgación, así como aumentar as posibilidades formativas relacionadas co sector.

10.- A actividade cinexética crea postos de traballo directos, pero, ademáis, posibilita construir una cadena productiva o redor da mesma que incorpora e potencia valor engadido en cuantía moi superior ao rendemento directo que xenera. Hai que promover o consumo de productos de caza, incentivar a consolidación de empresas transformadoras, así como de servicios asociados e de establecementos implicados eo proceso, consolidando con todo elo unha marca común e única de calidade asociada á producción cinexética en todos os eslabóns da cadea de consumo.

11.- Neste sentido, a actividade cinexética debe incorporarse con absoluta normalidade dentro dos programas de difusión e divulgación da imaxen de España, tanto no interior como no exterior, de forma acorde coa súa importancia e alcance.

12.- España é, con diferencia, a maior potencia cinexética europea, e no hai razón para non consolidar, difundir, poñer en valor e construir futuro o redor do principal argumento económico e social do que na actualidade dispoñen gran parte dos territorios do noso país. Recoñecelo así é esencial e necesario para a caza, pero en maior medida lo es para o territorio rural e para a vertebración nacional.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CRÍA E COIDADOS DO CAN DE CAZA
16/03/2019
Presentación da biblioteca cinexética de Mutuasport

FESTA DA CAZA DE TABOADA
11/03/2019
A “II Festa da Caza” de Taboada repetiu éxito

CURSOS FORMACIÓN
30/10/2017
Ampla e activa participación no II Curso de Formación de A Coruña

CARNE CAZA
22/5/2017
ASICCAZA achega o sabor e as bondades da carne de caza a máis de 400 nenos de Estremadura


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza