30 de novembro de -0001
CAZA RAPOSO

O equipo “Roimil” foi o gañador en Friol

O pasado 8 de xaneiro, tivo lugar no concello lucense de Friol o VII Campionato de Caza de Raposo, proba puntuable para a Copa Federación e disputada nos terreos do Tecor da Sociedade de Cazadores de Friol.

Na proba participaron un total de 10 equipos que durante a xornada tentaron dar caza aos abundantes e astutos raposos da zona.

Unha vez feita a entrada en control de tódolos equipos dentro do horario previsto e analizadas as capturas, o Xurado de Competición deu como gañador o equipo de Roimil con 1.000 puntos. En segundo lugar, e coa mesma puntuación, clasificouse o equipo Fox. Xa no terceiro posto situábase a cuadrilla Farelo con 500 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.