Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUNTANZA NA FGC
Reúnense na FGC responsables federativos con membros do Seprona e responsables da Administración en asuntos cinexéticos
13/2/2012

O pasado martes, unha comisión da FGC, formada polo Presidente, Javier Nogueira, polo Presidente Provincial da Coruña, Manuel Saa, e polo Secretario Xeral da FGC, Ramón Rodríguez, reuníanse, na sede da Federación Galega de Caza, en Santiago de Compostela, cos responsables do Servizo de Protecci&n da Natureza na Coruña e da demarcación de Noia, así como co Capitán da Compañía da Garda Civil en Noia, e co Xefe do Servizo de Caza da Consellería de Medio Ambiente.

Durante a xuntanza debateuse sobre diversos puntos da actualidade cinexética, centrándose principalmente nas inquedanzas amosadas polos cazadores de caza maior, e máis concretamente polos cazadores das bisbarras de Noia, Muros, Barbanza, Sar e Xallas.

Os responsables da FGC saíron da xuntanza cunha boa impresión, e sinalaron a actitude positiva amosada polos representantes do Seprona para a resolución dos problemas xurdidos nas bisbarras sinaladas no parágrafo anterior.

Asemade, acadouse o compromiso de realizar, antes de comeza-la próxima tempada, reunións informativas nas catro provincias así como unha xuntanza a nivel autonómico para trazar liñas estratéxicas.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”

DISTINCIÓNS MÉRITO DEPORTIVO 2023
31/01/2024
Javier Nogueira e José Ángel Torres reciben as Distincións ao Mérito Deportivo 2023


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza