Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA MAIOR
Cea acolle unha xornada de formaci贸n para xefes de batida
29/2/2012

O sábado 25 de febreiro, nas magníficas instalacións do auditorio de Cea, en Ourense, e apenas unha semana máis tarde do peche da caza maior, a Asociación de Clubes e Cazadores de Caza Maior de Galicia comezaba as súas xornadas de formación. Nesta ocasión consistiu en dúas magníficas ponencias que xiraron arredor da figura do xefe de batida e as súas tribulacións.

A primeira ponencia correu a cargo de Darío Andrade, técnico do Servizo de Caza e Pesca da Xunta de Galicia, quen fixo fincapé en cuestións legais e de procedemento. A continuación, o Alférez Xefe do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil en Ourense, disertou sobre cuestións técnicas e de seguridade.

Remataron ambas ponencias cunha mesa redonda moi dinámica e enriquecedora, moderada polo presidente da asociación, Óscar Garriga, quen aproveitou a ocasión para presentar as vindeiras xornadas que versarán sobre o corzo e o can de sangue e que terán lugar no mesmo escenario o día 24 de marzo. Ademais de presentar un proxecto para dotar ás cuadrillas asociadas de cachorros de Teckel ou Sabueso de Baviera para poder chegar a formar condutores de rastro de sangue en toda Galicia.

A asistencia foi nutrida e os setenta representantes de cuadrillas de caza de toda Galicia, entre os que se atopaban varios representantes da Federación Galega de Caza, volveron ás súas casas con dúas conclusións claras:

A primeira é o firme convencemento da necesidade de dotar ao xefe de batida dos coñecementos legais, técnicos e da autoridade precisa para o exercicio da sua función.

A segunda é a necesidade de que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza actúe xa antes da vindeira tempada como coordinadora de tódolos actores intervintes no desenrolo das batidas, dende o SEPRONA, aos xefes de cuadrilla, pasando pola propia gardería autonómica, de cara a establecer pautas de actuación claras e similares nas actuacións de tódolos participantes.

Texto e fotos: Asociación de Clubes e Cazadores de Caza Maior de Galicia

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE CAZA EN LAL脥N
17/06/2019
II Exposici贸n de Cans de Caza de Lal铆n

XORNADA SOLIDARIA
03/06/2019
A caza estar谩 presente no 5潞 D铆a do Deporte Solidario de 脕rea Central

EN SILLEDA
29/05/2019
A feira de caza, pesca e natureza Fecap Abanca multiplica actividades na s煤a sexta edici贸n

CR脥A E COIDADOS DO CAN DE CAZA
16/03/2019
Presentaci贸n da biblioteca cinex茅tica de Mutuasport


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza