Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL
Iván Fernández resultou gañador en Arca
7/5/2013

I Copa Remanso de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril

O pasado sábado 4 de maio, tiña lugar en Arca – A Coruña, a I Copa Remanso de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril organizado por a Tenda Deportiva Remanso coa colaboración da Federación Galega de Caza e as Sociedades de Caza de A Magdalena e Touro.

Esta proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade congregou a un total de 35 monteiros que foron xulgados por José Antonio Montoiro González e José María Álvarez Villar.

Foi “Ture” propiedade do lucense Iván Fernández Pereira o monteiro que subiu o máis alto do podio o acadar unha puntuación de 256 puntos. En segunda posición situábase o pontevedrés Salvador Sestelo Núñez con “Clay” e 249 puntos. O participante Juan Fernáandez Vecino con “Zulú de Soñar” ocupaba o terceiro posto da clasificación final con 241 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CPTO. ESPAÑA CANS DE MOSTRA
2025-10-14
O setter “Zafir de Piago” do galego René Vale converteuse no Campión de España de Cans de Mostra Británicos e por equipos Galicia acadou o subcampionato nacional

NACIONAL DE SAN HUBERTO
2025-09-29
A galega Nuria Varela campiona feminina da Copa España de San Huberto

AUTONÓMICO DE COELLO
2025-09-28
Os beagles do coruñés José Javier Suárez acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE COELLO
2025-09-22
O lote propiedade de Arosa Dasilva proclamouse campión provincial na Lama


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza