30 de novembro de -0001
SAN HUBERTO CORUÑA

Antonio Oliveira, Nicolasa Fernández e Juan José Canosa foron os gañadores en Cee

Campionato Provincial de A Coruña de Caza San Huberto

O pasado 6 de xullo desputouse no Tecor da Sociedade de Caza de Cee o Campionato Provincial de A Coruña de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña contando coa colaboración de dita sociedade de cazadores.

Na clasificación xeral foi Antonio Oliveira Pego o que co seu can “Killer” obtivo o primeiro posto con 63 puntos e converténdose deste xeito en Campión Provincial. O segundo posto, a tan so un punto do primeiro clasificado, foi acadado por Juan José Canosa Vigo con “Lasco da Chousa” e 62 puntos. Ramón Picallo Piñón con “Risto das Fontiñas” remataba en terceira posición con 60 puntos.

Na categoría de Damas o primeiro posto era para Nicolasa Fernández Carrodeguas con “Easy de Capagut” e 19 puntos. Namentres que Juan José Canosa Vigo con “Coca del Castillo” adxudicábase o primeiro posto na clasificación de Springers.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.