26 de maio de 2024
PROVINCIAL DE LUGO DE SAN HUBERTO

Jorge Dobarganes con “Baster de la Tormentosa” foi o campión de San Huberto na Festa da Caza de Lugo

XXVII Campionato Provincial de Lugo de Caza San Huberto 

O monte do Cristo eran os terreos elexidos pola federación lucense de caza para a celebración, hoxe 26 de maio, do seu campionato provincial de Lugo de Caza San Huberto.

O Campionato Provincial de Lugo de Caza San Huberto deu como gañador ao cazador lucense Jorge Fernández Dobarganes como campión absoluto e tamén campión provincial co can “Baster de la Tormentosa” e 70 puntos. O segundo posto era para Jesús Paz Penelas con “Erdi” e 61 puntos. O bronce para Guillermo Barreira Folgueira co can de nome “Lingo” e 60 puntos.

A selección provincial quedou conformada polos seguintes cazadores: Jorge Fernández Dobarganes, Jesús Paz Penelas, Guillermo Barreira Folgueira, Camilo Taboada Piñeiro e Roberto González Arias.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arión e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.