Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ESTUDO SOBRE A CAZA
A Federación Galega de Caza comeza unha nova sondaxe entre os cazadores galegos
3/9/2012

Comeza o Estudo sobre a Repercusin Econmica e Social da Caza en Galicia

Hai tres anos a Federación Galega de Caza presentaba o seu “Estudo Socioeconómico da Caza e o Perfil do Cazador en Galicia”, traballo pioneiro na nosa comunidade que poñía de manifesto o grande volume económico que move a caza en Galicia e que repercute positivamente na sociedade galega.

Este estudo aportou tamén unha grande cantidade de datos moi significativos sobre o perfil do cazador galego, tanto a nivel social e demográfico, como dentro do propio eido cinexético, dando a coñecer as principais características dun cazador da nosa comunidade.

Agora a Federación Galega de Caza quere facer chegar de novo ao máximo da cazadores posibles a súa enquisa sobre o “Repercusión Económica e Social da Caza en Galicia”, no só co fin de actualizar os datos obtidos na súa primeira sondaxe sobre a caza, senón tamén coa intención de obter datos útiles para o seu máis recente proxecto: o Clube de Descontos.

Nacido co obxecto de facilitar aos cazadores federados as mellores ofertas do mercado nos produtos e servizos relacionados coa caza, o Clube de Descontos nutrirase da información recollida nesta enquisa para saber cales son os produtos e servizos máis demandados polos cazadores galegos e así tratar de obter as mellores e máis variadas ofertas neses ámbitos.

Esta nova enquisa é totalmente anónima, moi sinxela de responder e, co fin de impulsar a participación, a Federación Galega de Caza sorteará entre todos aqueles que a remitan cuberta antes do día 11 do outubro -engadindo simplemente un medio de contacto- tres premios que inclúen:

  • 1º PREMIO .- Seguro de Danos Propios, Responsabilidade Civil do cazador (obrigatorio + voluntario) e Seguro de Responsabilidade Civil dos Cans durante todo o ano (máximo 3 cans), cun capital asegurado valorado en máis de 700 Mil €uros.
  • 2º PREMIO .- Subscrición gratuíta á Revista Galicia Cinexética durante 1 ano.
  • 3º PREMIO .- Chaleco polar e Polo camiseiro co logo da FGC

Se desexa participar nesta enquisa, pode facelo directamente online nesta mesma páxina web na seguinte ligazón: www.federaciongalegadecaza.com/enquisa2012

Ou ben se o prefire pode descargala e cumprimentala a man, remitíndoa posteriormente á Federación, a través de calquera dos nosos medios de contacto:
Descargar Enquisa

En calquera dos dous casos, se desexa entrar no sorteo dos premios, debe facilitarnos algun medio de contacto, ben un teléfono ou ben un correo electrónico, co fin de poñernos en contacto con vostede no caso de que resulte gañador.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO INICIACIÓN TIRO XUVENTUDES
29/04/2024
Curso de Iniciación ao Tiro para as Xuventudes

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza