ÓBITO

A Federación Galega de Caza lamenta profundamente os accidentes ocorridos esta fin de semana

A Federación Galega de Caza desexa manifestar a sua profunda consternación ante os feitos sucedidos esta pasada fin de semana onde resultaron mortos dous cazadores galegos en senllos accidentes de caza, en Vila de Cruces (Pontevedra) e Vilalba (Lugo).

En ambos casos as fatais consecuencias foron motivadas por imprudencias á hora de practicar a caza, un deporte seguro, sempre que se practique de acordo ás leis que o regulan e se cumpra con tódalas normas de seguridade que a Federación Galega de Caza ven lembrando tempada a tempada.

A Xunta Directiva da Federación Galega de Caza quere transmitir ás familias, amigos e achegados en xeral dos dous defuntos o seu máis sentido pésame.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.