Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NOVA LEI DE CAZA
A FGC trasladará o vindeiro luns o descontento do colectivo cinexético ao Conselleiro de Medio Ambiente
25/2/2013

Trala xuntanza do pasado 14 de febreiro cos responsables da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a comisión de caza da Federación Galega de Caza alzará as inquedanzas dos cazadores galegos á máxima institución autonómica na materia.

Encabezada polo seu Presidente, Javier Nogueira, quen estará acompañado dos Presidentes Provinciais, do Vicepresidente, do Secretario, do Tesoureiro e da Asesora Xurídica, a Federación Galega de Caza quere transmitir ao Conselleiro a súa desconformidade co actual anteproxecto de Lei de Caza e realizar un último intento por achegar o texto definitivo o máximo posible ao proposto.

Do resultado desta xuntanza, que terá lugar o vindeiro luns 4 de marzo, dependerán as posteriores accións que levará a cabo a Federación Galega de Caza co fin de defender os intereses dos cazadores galegos. A institución federativa agradece os numerosos apoios recibidos, tanto das sociedades de cazadores como doutros colectivos vencellados coa caza, para levar a cabo esta importante tarefa.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

INICIO CURSOS FORMACIÓN
08/10/2024
Máis de 200 alumnos cazadores participan nos Cursos de Formación 2024

CURSOS FORMACIÓN FGC
04/09/2024
Actívase a Escola de Caza para a Formación e Seguridade do cazador

CAZA SOLIDARIA
05/07/2024
Carne de caza solidaria

CURSO FORMACIÓN AGILITY
17/06/2024
Curso de Xuíces de Agility da FGC


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza