Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DANOS
A Federación Galega de Caza traballa coa ONC nas alegacións á nova Lei de Montes estatal
2/4/2013

A Oficina Nacional de la Caza (ONC) ven de manter unha xuntanza coa Dirección General de Desarrollo Rural y Política Forestal co fin de elaborar unha serie de propostas de modificación do actual borrador da lei de montes estatal que satisfaga os grandes obxectivos do sector da caza: os accidentes de tráfico e os danos na agricultura.

A ONC solicitou a incorporación de representantes do sector cinexético á Estratexia Nacional para o Aproveitamento Cinexético dun xeito non so estético senón plenamente activo e que sirva, entre outras cuestións, para a coordinación das ordes de veda ou o censo de poboacións.

Ao respecto das responsabilidades dos titulares dos cotos de caza nos accidentes, a ONC fixo unha valoración positiva do borrador e o aprobado pola Conferencia Sectorial, xa que en ámbolos dous casos a responsabilidade dos danos causados pola fauna cinexética non recae sobre os titulares, segundo se extrae do propio texto:

DISPOSICIÓN ADICIONAL UNDÉCIMA. Accidentes de tráfico causados por especies cinegéticas
La responsabilidad de los accidentes de tráfico ocasionados por la irrupción de animales calificados legalmente como cinegéticos en las vías de circulación se atribuirá conforme a los siguientes criterios:
[...]
2º.- No serán exigibles a los titulares del aprovechamiento cinegético, o en caso de no existir estos titulares, a los participantes de la acción de caza, salvo que el siniestro sea consecuencia directa de una acción de caza colectiva, llevada a cabo el mismo día de producido aquél y sobre una especie de caza mayor.

En canto aos danos na agricultura e a gandería, o texto tamén foi valorado positivamente, en canto só se imputa aos titulares dos cotos cando se incumpre o Plan Técnico. Aínda así, a ONC está a traballar nunhas alegacións dirixidas a concretar a non responsabilidade do titular do coto en danos coa orixe en zonas de seguridade ou vedados obrigados pola administración.

DISPOSICIÓN ADICIONAL DUODÉCIMA. Responsabilidad por daños de especies cinegéticas en la agricultura y ganadería.
[...]
a).-. Responsabilidad en terrenos cinegéticos declarados como tales. En el caso de estar pactada la responsabilidad civil entre los titulares de los terrenos y los titulares cinegéticos de los mismos, se estará a lo dispuesto en tales pactos.
[...]
b).- Responsabilidad en zonas de seguridad. La responsabilidad en el caso de daños por animales cinegéticos que provengan de zonas de seguridad en las que está prohibida la caza será de la entidad o Administración por cuya causa se establece la zona de seguridad.
[...]
c). Responsabilidad en vedados de carácter voluntario: Los particulares que voluntariamente creen o declaren vedados, serán responsables de los daños producidos por las  especies cinegéticas que provengan de ellos.
d). Responsabilidad en terrenos de aprovechamiento común y refugios de fauna o de caza.
La Administración competente será responsable de los daños producidos por especies cinegéticas que provengan de los terrenos de aprovechamiento común o de refugios de fauna o de caza.

A Federación Galega de Caza está a traballar conxuntamente coa ONC para levar adianta estas alegacións e correccións ao actual borrador da Lei de Montes, coa fin de sumar forzas e levar definitivamente adiante estas modificacións tan importantes para os cazadores e sociedades de todo o ámbito nacional, ao tempo que agarda que esta tendencia a nivel nacional respecto aos danos causados pola fauna cinexética teña a necesaria repercusión na actual reflexión parlamentaria que está a ter a nova Lei de Caza de Galicia.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

POC, PAC E COMUNICACIÓN RESULTADOS
12/02/2019
Instrucións para o uso do Portal Web da Caza en Galicia

DIRECTIVAS
14/01/2019
A Lei 3/2018 introduce unha modificación da Lei do Deporte que afecta ás sociedades de caza

PARA O 2019
26/12/2018
Publicada a orde de axudas para paliar os danos do xabaril

AXUDAS
12/07/2018
Deportes convoca axudas para a adquisición de equipamentos deportivos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza