Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DEBATE INCENDIOS
A FGC, a grande ausente no debate sobre incendios que emite hoxe Via V
3/9/2013

A Federación Galega de Caza quere facer público o comunicado que ven de remitirlle á Dirección do programa de debate "Via V" de V Televisión:

Estimada Directora:

En relación coa invitación que recibimos no día de onte, vía teléfono, para participar presencialmente na tertulia de hoxe sobre os incendios forestais á que confirmámo-la nosa presenza nos estudios dese programa, pero posteriormente, por parte da produción do programa, comunícasenos que non podemos estar presentes no estudio por falta de espazo,  e por tanto convídannos a participar telefonicamente, desde esta Federación Galega de Caza, en representación dos cazadores galegos, queremos deixar claro o seguinte:

1º. A FGC, a través do seu presidente, ponse en contacto co programa “Vía V” o pasado 29 dos correntes, a raíz das informacións aparecidas en distintos medios do Grupo Editorial La Voz de Galicia, nas que se acusa aos cazadores e aos gandeiros de prende-lo lume, concretamente no incendio de Oia. Nesa comunicación, o presidente da FGC, ofrécese a participar nun programa de Vía V e invita á dirección do mesmo a realizar un debate monográfico no que participen, ademais de representantes da Administración, os sindicatos agrarios, as sociedades de caza da zona do Baixo Miño, e a propia Federación.

2º. A Federación Galega de Caza, entende que as acusacións infundadas vertidas gratuitamente  sobre o colectivo de cazadores como presuntos incendiarios, merecen cando menos poder estar presente no debate para poder defenderse, e te-lo dereito de réplica,  que non se daría no caso dunha intervención telefónica.

E por último, a Federación Galega de Caza quere aproveitar para solidarizarse con todos e cadaún dos afectados pola vaga de lumes, pero tamén cos cazadores desas zonas, un dos colectivos prexudicados pois nos terreos queimados non se pode cazar durante tres anos ademais doutros numerosos danos que os lumes producen no hábitat cinexético, e fai un chamamento á Administración e a todos os que, dun ou doutro xeito, convivimos, compartimos e amámo-lo monte, para que dunha vez por todas se poña en valor este importante patrimonio.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza