Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS PONTEVEDRA
Gustavo Alonso gañador en O Rosal
18/11/2013

Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas

O pasado sábado 16 de novembro disputouse no Tecor de O Rosal, unha edición máis do Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

Un total de 23 escopetas se citaron nesta fase provincial de caza de arceas na que temos que destacar o bo número de arceas avistadas polos participantes así como as entregadas no control.

O campionato foi para o cazador Gustavo Alonso Rodríguez con 500 puntos acadados por ser o primeiro en facer a súa entrada en control cunha arcea. O segundo posto era para José A. Vasconcellos Vicente con tamén 500 puntos e xa en terceira posición remataba o cazador Moisés Mariño Melo co mesmo número de puntos que os dous primeiros clasificados.

A estes tres primeiros clasificados acompañaranos os cazadores Javier Álvarez Santamariña, Javier Calvo Simois e Agustín González Eiras, conformando a representación de Pontevedra para o vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
2025-12-29
VIII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”

CAMPIONATO GALEGO DE ARCEAS
2025-12-22
José Manuel Tomé co setter “Duke” gañador dun Campionato Galego de Arceas moi desputado

ARCEAS CORUÑA
2025-12-15
O provincial da Coruña de caza de arceas proclomou campión a José Manuel Tome con “Duke”

ARCEAS PONTEVEDRA
2025-12-15
Iván Ramos con "Sira" proclamouse campión provincial de caza de arceas en Rodeiro


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza