Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RRCC LUGO
Vasconcellos Vicente foi o gañador e Mario González é o novo campión provincial
7/4/2014

Campionato Provincial de Percorridos de Caza de Lugo

Na xornada de onte 6 de abril, no campo de tiro eventual da Sociedade de Caza San Nicolas de Portomarín, celebrouse unha edición mais da fase provincial de Lugo da disciplina de Percorridos de Caza.

Á proba acudiron un total de 31 tirados, de diferentes provincias ao ser de carácter aberto, e foron xulgados polos árbitros Leornardo García Otero, Rubén Martínez Bugallo, José Antonio García Blanco e José Antonio Carrera Rodríguez.

Rematada a proba a clasificación nas diferentes categorías remataba así:
Na categoría Xeral Absoluta o gañador era José A. Vasconcellos Vicente de Pontevedra con 87 pratos escachados. Ángel Mosquera Rodríguez chegado de A Coruña facíase co segundo posto con 85 pratos derribados. Tamén de A Coruña, o tirador José Ramón Conde Mouriño adxudicábase o terceiro posto con 82 pratos. No quinto posto situase o lucense, e polo tanto Campión Provincial, Mario González Yáñez con 81 pratos.

Na disciplina Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso Barro con 75 pratos escachados.

Ángel Mosquera Rodríguez en Superveteranos era o flamante campión con 85 pratos escachados.

Na categoría de Veteranos José González Yáñez con 77 pratos era o campión namentres que José María González Rodríguez acadaba o segundo posto con 72 pratos. Completaba o podio José Luis Saavedra Barcia con 50 pratos.

E para rematar, Alejandro Rodríguez Fernández Seco era o campión Junior con 66 pratos escachados.

Acudirán ao Campionato Galego da especialidade os seguintes tiradores: Mario González Yáñez, Manuel Villar Arroyo, José González Yáñez, Constantino Vilar Rodríguez, Artemio Formoso Barro, Juan Carlos Bande López, Vicente Insua López, Miguel López Iglesias, Alejandro Fernández Seco, Marcos Vázquez Cabado e Constantino Rodríguez Pérez.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO FIELD TARGET
15/07/2024
Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en As Pontes

PROBA COPA GALICIA RASTRO XABARIL
10/07/2024
Julio Ferradás con “Copi” gañadores en A Lama

SAN HUBERTO MANUEL REBORDELO
10/07/2024
Edelmiro Leira con “Nilo” gañadores nas Pontes

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
01/07/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campións de España de Rastro de Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza