Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PAXARILES PONTEVEDRA
O Grove acolleu o provincial de Paxaros Cantores
22/4/2014

Campionato Provincial de Pontevedra de Paxariles

O pasado 20 de abril disputouse unha edición mais do campionato provincial de paxaros cantores en Pontevedra. Foi o Grove a localidade que acolleu esta fase provincial organizada pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e que contou coa inestimable colaboración da Asociación Ornitolóxica Deportiva de O Grove.

Nesta edición actuaron como xuíces: Iván Fajardo para as categorías de Verderolo e Mixto de Verderolo, Jesús Fajardo para Liñaceiro e Mixto de Liñaceiro, Manuel Chao e Juan Pico para Xílgaro e Mixto de Xílgaro e foi Rafael Prol Canedo o Director da proba.

Unha vez rematada a competición deuse a coñecer a clasificación final que quedou do seguinte xeito:

Na categoría de Liñaceiro o primeiro posto era para José Ramón Silva Pérez con 12 puntos. O subcampionato foi para Marcos Iglesias Suárez con 9 puntos e xa en terceira posición remataba José Ángel González con 5 puntos.

En Mixto de Liñaceiro o primeiro posto era para Estrella Rodríguez Fernández con -5 puntos. Foi José Ramón Silva Pérez e José Manuel Rodríguez Costa os que acadaron o segundo e terceiro posto respectivamente con -10 e -14 puntos.

Na categoría de Xílgaro o campionato recaeu en Germán Alcalde Cebreiro que acadou un total de 47 puntos. Seguiuno en segunda posición Díaz Amoedo con 29 puntos e xa con 22 puntos remataba en terceira posición José Antonio Álvarez Padín.

En Mixto de Xílgaro volvía a repetir no primeiro posto Germán Alcalde Cebreiro con 89 puntos namentres que Enrique Curras del Río e José Manuel Alonso Martínez tíñanse que conformar coa segunda e terceira posición respectivamente.

Xa en Verderolo o campión era María Estrella Pereira González con 6 puntos. Manuel Otero Martínez acadaba o segundo posto con 3 puntos e a tan so un punto, con 2, remataba en terceira posición Candido Lago Álvarez.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza