Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL
O equipo composto por Luis Gonzaga, José Antonio Ribeiro e José Manuel Torres foi o gañador en Pazos de Borben
16/5/2014

VI Proba de Rastro de Aprazamento a Traela sobre Xabaril Salvaxe

O pasado 3 de maio disputábase na provincia de Pontevedra unha edición máis da Proba Social de Rastro Aprazamento a Traela Xabaril Salvaxe organizado pola Sociedade de Caza de Pazos de Borben e contando coa inestimable colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra e as Sociedade de Caza de A Fornelense, Traspielas, Gargamala, Mondarizana, A Peneda e Ribadetea-Padróns.

A proba contou cunha participación de 30 equipos compostos por tres monteiros con cadanseu can, chegados das catro provincias da nosa comunidade.

O equipo pontevedrés composto por Luis Gonzaga Alonso, José Antonio Ribeiro Sanjorge e José Manuel Torres Aguín foi o equipo que resultou campión da proba ao realizar o seu emprace con éxito ás 8:54 horas. O segundo posto acadouno o equipo formado por Salvador Sestelo Núñez, Amador Amoedo e Javier Freaza, realizando o emprace ás 9:05 horas. O terceiro posto recaeu nos monteiros Dani, Rubén e Adrián, equipo que realizou con éxito o seu emprace ás 9:10 horas.

Rematada a proba tivo lugar un xantar de irmandade no que interviron as autoridades alí presentes e entre as que se atopaba o presidente da FGC en Pontevedra, Francisco Couselo e o presidente da FGC Javier Nogueira. Entre os distintos premios entregados destacar o premio a o monteiro máis veterano que foi para Daniel Tarrio, un curtido monteiro que ano tras ano non dúbida en asistir a esta proba de Pazos de Borbén.

Facer unha mención especial ao traballo dos xuíces a hora de valorar esta complexa proba no que o seu sacrificio e traballo é esencial. Non podemos esquencernos da Cuadrilla de Pazos de Borbén que se encargou de toda a organización e do xantar desta proba, sendo todo un éxito. E xa para rematar, todo ten a súa guinda, e esta pona ano tras ano Roberto Carlos Costa Tellado, o cal é o verdadeiro artífice desta, xa destacada, proba de cans de rastro sobre xabaril salvaxe.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza