Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROMOCIÓN
Cazavisión gratis ata o 5 de setembro para tódolos federados da Federación Galega de Caza
17/7/2014

Grazas a un acordo entre a Federación Galega de Caza e Cazavisión, a canle de TV exclusiva de caza, os cazadores federados da FGC poderán ver esta canle de xeito totalmente gratis ata o vindeiro 5 de setembro.

Hai uns meses, Cazavisión desenvolveu un sistema para que os afeccionados á caza puideran gozar desta canle desde calquera dispositivo conectado a Internet. Agora mesmo xa é posible acceder dende un ordenador (www.cazavision.es), dende televisores Samsung SmartTV, dende iPhone, iPad, e móbiles ou tablets con Android. Ademais, está prevista tamén a adaptación a televisores SmartTV de LG e Phillips.

A través da aplicación ou da web de Cazavisión pódese ver esta canle en directo, que emite 24 horas de caza e ademais acceder ao maior videoclube de documentais cinexéticos. A suscrición só custa 5,99€ ao mes, sen custe adicional, e inclúe, ademais do acceso ao canal en directo, o aluguer gratuíto de 5 vídeos seleccionados cada mes por Cazavisión.

Só por ser un cazador federado na FGC terá dereito a unha suscrición gratuíta ata o vindeiro 5 de setembro, sen ningún tipo de compromiso. Cando remate o período de promoción, o sistema solicitaralle se desexa seguir co servizo ou se desexa cancelalo.

Para poder acceder á promoción é necesario introducir un código promocional ao rexistrarse na web de Cazavisión. Deberá acceder a http://play.cazavision.es e:

  • Se xa ten conta de Cazavisión, entrar co seu usuario e contrasinal, pulsar sobre “Suscribirme” e introducir o código promocional
  • Se non ten conta en Cazavisión, debe rexistrarse primeiro e, posteriormente, pulsar sobre a opción de “Suscribirme” e introducir o código promocional.

Para obter o código promocional da FGC pulse na seguinte ligazón, onde deberá introducir a súa licenza federativa para poder descargalo: Código promocional Cazavisión

Se ten calquera dúbida ou problema contacte coa Federación Galega de Caza.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza