30 de novembro de -0001
XUNTANZA

Posta en marcha da nova Comisión de Competicións

Co inminente comezo dunha nova tempada deportiva, a nova Comisión de Competicións da Federación Galega de Caza mantiña onte na sede da FGC en Santiago a súa primeira xuntanza, co fin de establecer os piares da estrutura competitiva deste ano.

Ás 17.00h da tarde esta comisión comezaba coa presentación dos membros da mesma, para logo pasar a establecer o calendario de competicións desta tempada. Trala pertinente revisión dos regulamentos das distintas disciplinas, realizouse tamén unha proposta da Normativa de Competicións para o ano 2015. Tanto o calendario como a normativa serán revisados e aprobados –se procede- pola Asemblea Xeral.

Trala pertinente quenda de rogos e preguntas, a xuntanza daba por finalizada arredor das 21.00h.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.