Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUNTANZA
A FGC preséntalle o proxecto de “Turismo Cinexético” á Directora de Turismo de Galicia
25/5/2015

Nava Castro fíxose eco da importancia económica e turística da caza galega

Hai unhas semanas, a Directora de Turismo de Galicia, María Nava Castro Domínguez, recibía unha representación da Federación Galega de Caza encabezada polo seu Presidente Javier Nogueira Diz, que acudía acompañado do Secretario Xeral, Ramón Rodríguez Cobas.

Nos primeiros intres da xuntanza, Nogueira Diz amosáballe á Directora toda a información precisa para o coñecemento do funcionamento interno da Federación Galega de Caza, facendo fincapé no seu poder de representación e grado de afiliación, así como os valores sociais e medioambientais que ten a actividade cinexética.

A representación federativa non perdeu a ocasión para achegarlle á Directora datos económicos xerados pola caza tales como que “cada cazador galego gastou de media durante a tempada cinexética 2011/2012, 2.134 € anuais, ou o que é o mesmo 111 millóns de euros naquel ano”. Estes datos foron extraídos do estudo que fixo a FGC en colaboración co Departamento de Estatística da Facultade de Matemáticas da USC.

Outros datos que non pasaron por alto foi a importancia da caza na creación de postos de traballo directos e indirectos así como nos negocios e pequenas empresas existentes no rural galego.

Na segunda parte da xuntanza, Nava Castro escoitou de man do presidente Nogueira o “Proxecto de turismo cinexético” polo cal se busca a firma dun futuro convenio de colaboración entre a Asociación de Turismo coas Sociedades de Caza e a Federación Galega de Caza.
Galicia ten un gran abano de posibilidades cinexéticas, en especial de caza maior, así como unha ampla rede de turismo rural avalado polas casas de turismo rural e a riqueza paisaxística. Co cal, este proxecto pretende dar un pulo económico as arcas rurais así como un incentivo máis para a práctica da caza por parte de cazadores chegados dende diferentes puntos da xeografía galega, así como de fora da nosa comunidade, estes últimos favorecidos pola futura implantación da Licenza de Caza Interautonómica.

No remate da xuntanza, a Directora de Turismo de Galicia amosouse moi receptiva e comprometida con este proxecto, ata o punto de que instou a Federación Galega de Caza a que traballe neste embrión de convenio coa elaboración dun borrador sobre o que traballar e sacar adiante esta ambiciosa colaboración.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

.
17/04/2019
Rectificación

#DIADAMULLER
08/03/2019
A Federación Galega de Caza, coa folga feminista do 8M

#ACAZATAMÉNVOTA
25/02/2019
E de caza que?

REUNIÓN XUNTA DIRECTIVA FGC
07/02/2019
A renovada Xunta Directiva da FGC marca as directices desta lexislatura despois da primeira reunión de traballo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza