Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NOVA PROMOCIÓN
A FGC segue dando a coñecer a caza aos alumnos de Control e Protección do Medio Natural
20/8/2015

O pasado 30 de xuño, unha nova promoción de  alumnos de Control e Protección do Medio Natural, acompañados da súa titora, Teresa Cela, visitaban as instalacións da FGC e asistían a unha conferencia sobre a Federación de Caza impartida polo Secretario Xeral, Ramón Rodríguez, e polo Vocal da FGC, Emilio Bolaño. Días máis tarde, os mesmos alumnos, fixeron unha saída ao monte guiada polo federativo Emilio Bolaño, na que percorreron o Monte Pedroso na procura de pegadas e rastros do lobo.

Durante a excursión cinexética atoparon e identificaron pegadas de lobo adulto, así como restos de lan dunha ovella descuartizada polo lobo. Tamén puideron observar pegadas de xabarís adultos e crías, así como camiños de paso de diversos animais (xabaril, lobo, coello, ....), e excrementos de coello e de lebre. Durante a saída os alumnos tomaron fotografías de tódolos rastros e identificaron mediante GPS as coordenadas dos puntos máis característicos do percorrido nos que se constatou a presenza do lobo e de restos de fauna cinexética.

Un grupo, composto por catro alumnos, realizarán as prácticas formativas non profesionais na Federación Galega de Caza entre o 19 de agosto e o 21 de setembro. O seu traballo consistirá en facer un seguimento da EVH do coello de monte, e un estudo sobre a incidencia dos incendios forestais nos tecores galegos, para o que se porán en contacto nos próximos días con varias sociedades de caza federadas.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza