Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO GALEGO
Juan Carlos Casas revalida en Pazos de Borbén o título de Campión Galego de Cans de Rastro sobre Coello
03-10-2015

   

Foi o pasado día 3 de outubro cando os mellores cans de rastro sobre coello de Galicia (nove equipos) dábanse cita no XXV Campionato Autonómico da especialidade que se levou a cabo no Concello de Pazos de Borbén e máis concretamente nas paraxes coñecidas por “Amasusán”, “As Canteiras” e “O Cabalo”. Todas ubicadas na parroquia de San Sadurniño de Amoedo, e nas que a presenza de coello deixábase notar nada máis pisar aqueles terreos. Por elo, os participantes que dispuxeron dunha hora para que os seus cans amosasen as súas habilidades venatorias nesta disciplina, estaban satisfeitos  neste apartado, a pesar de que os rastros eran “fríos” ao haber lúa chea e os coellos encamar antes que noutras fases lunares.

Unha Final que se encargou de organizar a Federación Galega de Caza, a que contou coa colaboración da Sociedade de Caza de “Pazos de Borbén”, a que cedeu os terrenos para o seu desenrolo, e que tivo  de aliados a unha climatoloxía ideal e a unha deportividade exquisita.

O programa comenzou moi de mañanciña xa que a concentración levouse a cabo  ás 7,30 de la mañan no Restaurante “Casa Belisario”, en Amoedo. Pouco despois dábase por empezada a competición que concluiría a primeiras horas da tarde. De xuíces actuaron os titulados Moure, Jaime e Costas e de  Director da Proba, Nicolás Castro Rodríguez. 

Clasificación:

1º e Campión por segundo ano consecutivo, Juan Carlos Casa Cambón, de Baldaio (Carballo), con 505 puntos. Deles, 145 aportoullos “Eros” que foi elexido como mellor can do torneo. O resto do lote conformábano os beagles “Era”, “Sanz”, “Luna”.

2º e subcampión, José Luís Martínez Calvo, cos beagles americanos,  “Erful”, “Ecu”,  “Eva”y “Ena”, e  457 puntos

3º,  Victor Casqueiro Casqueiro, cos  beagles,  “Peca”, “Rex”, Cora”e “Sol” e 455 puntos.

CLAUSURA E  DISCURSOS

O Xefe do Servizo Provincial de Caza e Pesca en Pontevedra, Pablo Caballero e o Alcalde da localidade anfitriona, Andrés Iglesias, compartiron mesa e mantel na Mesa Presidencial con diversos cargos federativos, encabezados polo Presidente da Federación Galega de Caza, Xavier Nogueira Diz.

Tocante aos discursos e opinions, o campión, estaba encantado por haber revalidado o título e falou  dun esceario “moi bo, con moito coello, unha boa organización e un ambiente fenomenal”.

Pola sua banda, Pablo Caballero dixo que “a caza ten algo que non teñen outras federacións xa  que a de caza ten a forza da unión que é o que lles fai fortes  aos cazadores”.

Mentres o Alcalde, logo de gastarlle cariñosas bromas aos seus conveciños, Nogueira Diz e Roberto Costas,  felicitou aos gañadores e brindouse a seguir colaborando con estes eventos.

Por último sería o mandamáis federativo autonómico, Javier Nogueira, o que se dirixía aos presentes dándolle un repaso a actualidade cinexética, falando dos  seus problemas e do alto nivel competitivo que temos en Galicia a nivel nacional e internacional, en todas as modalidades. Tamén dixo que este Campionato “é o único que se celebra en toda España, pois en Aragón parece que deixaron de facerlo”, precisou.

   

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

GALEGO DE FIELD TARGET
16/04/2019
Antonio Paz en Pistón e Luis Gutierre en PCP foron os Campións Galegos en Rábade

CAN DE OURO - RASTRO DE COELLO
15/04/2019
O lote propiedade de Oscar Esparis foi o campión do Can de Ouro en Rastro de Coello

I PROBA SOLIDARIA DE SAN HUBERTO
15/04/2019
Picallo Piñón e Canosa Vigo foron os gañadores da I Proba Solidaria en Riberas do Tambre

PROVINCIAL A CORUÑA SAN HUBERTO
08/04/2019
Roberto Dopico, Juan José Canosa e Nicolasa González campións provinciais en Porto do Son


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza