CAZA MENOR A CORUÑA

José Manuel Romero gaña o provincial

  

Na xornada de onte 31 de outubro desputábase o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can tendo como esceario o Tecor de A Venatoria de As Pontes e baixo a organización da Federación Galega de Caza de A Coruña en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

Foi a abundancia de caza a que fixo que este Campionato se convertese nunha gran xornada cinexética para tódolos cazadores participantes onde todos tiveron a sorte de ver caza e moitos deles entregaron capturas no control.

Foi o cazador José Manuel Romero Castro o que se convertía no Campión Provincial ao acadar un total de 1.620 puntos. Con 1.530 puntos obtiña o subcampionato o cazador Oscar Suárez Ventosa e xa compretaba o pódium Javier López Cendan con tamén 1.530 puntos.

A estes tres cazadores sumaráselles José Manuel Torres Parada, Manuel Taboada Vigo e Fabián Barge Vilela conformando a selección de A Coruña para o Campionato Galego da especialidade que se desputará o vindeiro 7 de novembro.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.