Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
VISITA
Beatriz Mato, Conselleira de Medio Ambiente e O.T., visita as instalacións da FGC
9/11/2015

O primeiro encontro entre a nova Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e os representantes dos cazadores galegos, tivo lugar na mañá de hoxe na sede da Federación, sita no Estadio Multiusos de San Lázaro, en Santiago.

A Conselleira achegábase á casa dos cazadores galegos ás 11,30 horas, acompañada da nova Directora Xeral de Conservación, Ana María Díaz, onde era recibida polo Presidente da Federación, Javier Nogueira, que estaba acompañado da Xunta Executiva e dos catro Presidentes Provinciais.

Os federativos puxeron ao día á responsable da Consellería, explicáronlle  quen é a federación,   que representa  aos cazadores galegos así como ao 85% de sociedades titulares de Tecores, ao tempo que afondaron na situación da caza en Galicia desde o punto de vista social, rural, saudable, e sustentable.

A xestión e a formación foron puntos esenciais da xuntanza, e os representantes da FGC tamén lle entregaron á responsable do MOT un manifesto en contra da prohibición da munición de chumbo que se está a tramitar no Parlamento de Galicia, e fixéronlle varias propostas para a posta en valor da caza, unha actividade que xera un volume de negocio superior aos 111 millóns de euros anuais, sendo un dos principais motores económicos das zonas rurais.

A Conselleira amosouse moi receptiva coas propostas dos cazadores galegos, e manifestou o seu compromiso con tódolos puntos tratados.

Por último, como novidade, Beatriz Mato, informou aos representantes da Federación, que durante este mes de novembro entrará en vigor a Licenza Única de Caza.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”

DISTINCIÓNS MÉRITO DEPORTIVO 2023
31/01/2024
Javier Nogueira e José Ángel Torres reciben as Distincións ao Mérito Deportivo 2023


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza