Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS
Fabián Barge gaña o XX Campionato Galego de Caza de Arceas disputado en Friol
30/11/2015

Tal e como estaba previsto, o día 28 do pasado novembro disputouse a final Galega de Caza de Arcea en terras de Friol. Un torneo envolto en moita expectación o estar en xogo o pase a seguinte fase nacional,  que se encargou de organizar a Federación Galega de Caza e que tivo de escenario as 16.000 Has. do fenomenal Tecor “Cova da Serpe”, de  Friol. 

A cita acudiron os cazadores previamente clasificados nos respectivos provinciais e o mesmo transcorreu entre as 9 da mañá e as 2 da tarde. Tempo no que os 22 participantes  chegaron a levantar e a ver ata  11 arceas. Sen embargo, logo das cinco horas de exercicio, so se contabilizou unha captura que foi presentada no posto de control  polo representante de Cedeira, Fabian Barge.

Dado que non houbo máis pezas, a organización tivo que apelar o procedemento de sorteo, quedando segundo, Xosé Carlos Otero Pérez, da Sociedade “Pena Maior”, de Piñor (Ourense), e de terceiro, Francisco José Martínez Pensado, de Rianxo (A Coruña). Serán pois os dous primeiros os que representen a Galicia na final de España da especialidade  a celebrar proximamente. De Director da competición actuou o ourensán,  Manuel Feijoo Castro.

De tódolos xeitos e a pesar de esa pobreza de capturas, a  historia desta XX edición pódese resumir en poucas palabras: Fantástica organización. Excelente ambiente. Climatoloxía que nin escollida. Escenario competitivo para enmarcar. E, unha deportividade de “10”. Como sentenciaba o cazador de Muros, Leonardo Estévez, “foi un día mallado”. A única pena que a colleita fose tan escasa. Pero tamén é certo que  a caza é así.

As que si responderon arroupando este acontecemento foron as autoridades locais, provinciais e autonómicas. Alí estiveron o Presidente da Federación Galega de Caza, Xavier Nogueira Diz, o se homónimo en Lugo, Xosé Luís Valcarcel e diferentes directivos federativos autonómicos e provinciais. Tamén estivo cos cazadores a Directora Xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz López, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes, Manuel Otero Méndez,  o Alcalde de Friol, Xosé Anxo Santos Sánchez, a Xefa de Servizo Provincial de C. de Natureza Eugénia Gasalla Valle. Tamén estiveron os principais directivos do Tecor anfitrión, Antonio Castro Agruñá, Xosé Luís Penín Freire e Manuel González Devesa, entre outros.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza