Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL OURENSE
Noel Vázquez foi o Campión Provincial e Salvador Sestelo, o gañador da proba
13/6/2016

Tal e como estaba previsto, o pasado día 11 de xuño disputouse na localidade ourensá de Lobios, baixo as organización da Federación Galega de Caza desta provincia e a colaboración da Sociedade locataria “Río Caldo Manín e Quintela”, o “VII Campionato de Cans de Rastro Atrelados”. Unha vistosa competición, sucedánea dunha xornada real de caza da especialidade, que era puntuable para seguinte fase da modalidade e que foi seguida por moitos cazadores e curiosos, desenvolvéndose baixo unha climatoloxía propicia,  entre  ás 10 da mañá e ás tres da tarde.

Da dirección ocupouse o federativo ourensán, Xosé Castro Rivela. De xulgar os competidores, Emilio Vila, e colaborando toda a mañá,  Manuel Feijoo, federativo e Domingo Veloso, Presidente do  Tecor anfitrión. Participaron 12 cans e estes foron os mellores:

  • 1º e campión,  Salvador Sestelo Núñez  (Tomioño-Pontevedra), con 237 puntos. Participou co can astur-cántabro “Vikingo”.
  • 2º e subcampión, Xosé Luís Iglesias (Coruña), con 22 puntos. Competiu co sabuxo “Cañón”
  • , Antonio Sánchez Sesto (Silleda-Pontevedra), con 207 puntos. Cazou co grifón azul de Gascuña, “Tito”.
  • Campión Provincial de Ourense, Noel Vázquez Rodríguez, (Corneira-Carballeda de Avia), con 177 puntos. Actuou con grifón azul de Gascuña, “medallas”.

Un xantar de confraternidade levado a cabo no Hotel Balneario Caldaria (Río Caldo), que presidiu a nova Alcaldesa de Lobios, Mª del Carmen Yáñez, e no que tomaron tamén parte varios concelleiros, presidentes de Tecores do lugar e amigos do deporte de caza, serviu de broche final a unha xornada competitiva de caza para enmarcar. O remate da mesma entregáronse os correspondentes trofeos e agasallos aos gañadores.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza