Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO RRCC
Iglesias Otero volve ao máis alto do podio
27/6/2016

Na xornada do pasado sábado día 26 de xuño disputábase a xa vixésimo novena edición do Campionato Autonómico de Percorridos de Caza que era acollido nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar. 

A este Campionato Galego acudiron máis de 70 escopetas do mellor nivel do panorama autonómico, un número moi elevado que da un claro exemplo da paixón que esta competición esperta nos tiradores galegos e do bo facer de Río Sar. Un campionato disputado sen sobresaltos e que contou coa organización da Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Deportiva Río Sar. Sen lugar a dúbidas, o máis destacado foi a calidade da proba valorada moi positivamente por tódolos tiradores. Pratos de curta, media e longa distancia, ascendentes e descendentes, traxectorias de enorme diversidade que outorgaron as máis de 45 máquinas cas que contou a organización. Foi por isto que a directiva de Río Sar recibiu da man do presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, unha mención especial polo traballo e esforzo realizado para que este campionato fose todo un éxito.

Unha vez rematada a proba os resultados da clasificación arroxaron un total de 130 pratos escachados a cargo do tirador coruñés Antonio Iglesias Otero o cal volvía ao máis alto da clasificación e se convertía, unha vez mais, no novo campión galego da especialidade. O tirador pontevedrés, Manuel Blanco Puertas, acadaba o subcampionato a tan so 1 plato de Iglesias. Completaba o podio o tamén pontevedrés Martín Baqueiro Villafines con 128 pratos logrando a medalla de bronce. 

En Veteranos impoñíase Ángel Ramón Vidal Quintela con 110 pratos por diante de Juan Antonio Sánchez Mancebo e Elisardo Cea Cebreiro, ámbolos dous con 105 pratos.

  

En Xuveniles o campión era Antón Moure Segade con  94 pratos e en Handisport Artemio Formoso Barro era o campión cun total de 119 pratos escachados. En Superveteranos Ángel Mosquera Rodríguez era o que accedía ao primeiro posto con 101 pratos e o título de Donas era para Mercedes Saavedra Suárez.

Na clasificación por Equipos os gañadores eran Manuel Blanco Puertas, Martín Baqueiro Villafines e Vicente Insua López con 370 pratos por díante de Ángel Mosquera Cornide, Juan Carou Rey e Santiago García Bello con 362 puntos. A medalla de bronce era para o equipo composto por José M. Dasilva Fernández, Artemio Formoso Barro e Daniel Núñez Español que remataban con 351 pratos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza