Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DIRECTIVA ARMAS FOGO
A Comisión Europea admite que o risco principal non está nas armas semiautomáticas
6/7/2016

A Comisión Europea admitiu finalmente que os estudos levados a cabo para a revisión da Directiva sobre as armas de fogo evidenciou que os produtos “particularmente perigosos” son as armas de fogo automáticas reconvertidas inadecuadamente en automáticas, posto que son estas as que “poden ser facilmente convertidas en armas militares”.

Así o explica a Comisión en resposta a unha pregunta parlamentaria a este respecto, unha posición que celebra a Oficina Nacional de la Caza. Neste sentido, hai que lembrar que os rifles semiautomáticos son comunmente utilizados polos cazadores e tiradores deportivos e que a súa penalización representaría unha medida inxustificada, sen efecto en termos de seguridade nin en como terroristas e criminais obteñen as súas armas no mercado ilegal. Nun contexto de ataques terroristas e a preocupación xeneralizada pola seguridade dos cidadáns, a ONC sinala que a pesar dos estudos desenvolvidos ata a data pola Comisión, aínda non se presentou ningunha avaliación de impacto que xustifique as medidas propostas.

Así, este documento da propia Comisión admite que a lagoa está representada por esas armas militares que se converten nunha forma tal que poden ser modificadas polos criminais e terroristas á función automática completa de novo, e este problema pode ser resolto evitando a introdución no mercado de armas de fogo reconvertidos de maneira inaxeitada, pero non estigmatizando rifles semiautomáticos fabricados orixinalmente para a caza e tiro deportivo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza