COPA GALICIA SAN HUBERTO

Eloy Rodríguez resulta vencedor en Riveira

VIII Campionato de San Huberto “Cidade de Riveira”

O pasado 24 de agosto disputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores do Barbanza a oitava edición do Campionato de San Huberto Cidade de Riveira puntuable para a Copa Galicia da especialidade e organizada por dita Sociedade de Cazadores e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

A proba transcorreu sen imprevistos e participaron un total de 33 cans sendo o Director da Proba Víctor Reiriz Lampón. 

Foi o participante Eloy Rodríguez Martínez o que se subía ao máis alto do podio ao acadar un total de 62 puntos co seu setter inglés “Girel de Reinadama”. O segundo posto foi para o cazador o cazador Roberto Dopico Dopico con 48 puntos con pointer macho “Río”. Antonio Vilar Vigo con “Lío” quedou relegado a terceira posición con 28 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.