COPA GALICIA RASTRO COELLO

López Castro gaña o Campionato “Amigos dos Cans de Caza" Costa da Morte

O pasado sábado 27 de agosto o Clube “Amigos dos Cans de Caza” en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña, celebrou no Tecor “O Hórreo” do concello de Carnota, o XXVIII Campionato “Clube Amigos dos Cans de Caza”, na modalidade de Cans de Rastro sobre coello. 

A competición iniciouse ás 7 da maña do día 27 coa concentración dos participantes na modalidade de rastro sobre coello. Competiron máis de unha decena de lotes e as condicións climatolóxicas foron ideais para a desputa desta disciplina deportiva. 

O primeiro posto foi para Jaime López Castro, co seu lote composto por: “Pistón, Jara, Solo e Zar” con 576 puntos. O segundo clasificado, foi o concursante Alfonso Rey Baulde con “Xouba, Trasno, Clay e Trus” e 548 puntos. O cazador Joja Suárez Rama, cos beagles “Cori, Lord, Baldoria e Sarela”,  acadaba o terceiro posto cun total de 535 puntos. 

O galardón, para o mellor can de rastro sobre coello do campionato foi para “Pistón” propiedade de Jaime López Castro con 151 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.