Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ANIMALISTAS
A ONC denunciará a PACMA por utilizar o asasinato de dous axentes rurais para criminalizar o ao sector da caza
24/1/2016

A Oficina Nacional da Caza, a Conservación e o Desenvolvemento Rural (ONC) puxo en mans dos seus servizos xurídicos os viles comentarios vertidos polo Partido Animalista PACMA a raíz do tráxico asasinato de dous axentes rurais este fin de semana en Cataluña a mans dun individuo. 

En primeiro lugar, a ONC lamenta este terrible suceso, e quere transmitir, de novo, o seu máis sentido pésame ás familias e ao esforzado conxunto de axentes rurais.

Os cazadores están especialmente consternados pola morte dos dous axentes rurais, un colectivo co que traballan e colaboran habitualmente e que -do mesmo xeito que eles- é parte esencial da actividade no mundo rural. Ademais, hoxe haberá concentracións de repulsa polo feito en sedes de medio ambiente de Castela e León, á que se sumarán representantes da Xunta Directiva da ONC.

Para a ONC resulta lamentable que haxa un partido político, PACMA, que no canto de enviar un pésame, mantendo o mínimo decoro ante a dor das familias co preceptivo educado e humano silencio, tente aproveitar o luctuoso suceso para gritar violentamente nas súas RRSS e criminalizar, cargados de odio ideolóxico, ao conxunto do sector cinexético. En concreto, no seu perfil de Facebook esta entidade afirma que é “habitual” que os cazadores ameacen coa arma aos axentes rurais, que “son múltiples os casos de cazadores responsables de agresións e asasinatos, tamén cara a persoas” e que “o que é cruel e violento cos animais, adoita acabar séndoo coas persoas”. Como colofón deste razoamento baleiro PACMA “propón a prohibición total da caza”.

Sinceramente non atopamos adxectivos para cualificar a actuación de PACMA. Entendemos que o seu regular alarde de descoñecemento en cuestións veterinarias e de zooloxía, que deberían dominar, resulta inversamente proporcional á súa capacidade de utilizar un discurso rigoroso sobre as persoas que non comparten a súa ideoloxía. 

A Oficina Nacional da Caza, a Conservación e o Desenvolvemento Rural considera moi graves estas calumniosas acusacións que sinalan ao colectivo de cazadores como persoas agresivas e con tendencias asasinas, polo que se puxo ao choio para interpoñer a denuncia correspondente.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza