EN PEREIRO DE AGUIAR

Celebrados os cursos de caza en Ourense

Organizados pola Federación Galega de Caza e tendo de esceario  o Centro Cultural “Os Gozos” en Pereiro de Aguiar (Ourense), o pasado día 7 de outubro baixo a denominación: “Seguridade nas Cacerías”, “Primeiros Auxilios”, “Formación responsable de Sociedades de Caza” e “Xestión e Aproveitamento sostible dos recursos Cinexéticos”, celebráronse os dous anunciados cursos de caza nos que os poñentes trataron temas tan interesantes como poden ser a seguridade nas cacerías,  primeiros auxilios no monte, xestión interna e administrativa dunha sociedade venatoria, ou a xestión e aproveitamento sostible dos respectivos recursos naturais.

O total de inscritos ascendeu a 85 cazadores e de relatores actuaron Aquilino Valencia Salgado, axente medioambiental; Emilio Vila Torreira, tesoureiro da FGC na Coruña e xuíz de rastro e os diplomados en enfermería,  Francisco Javier Gómez Pérez e Verónica Civeira Pérez. Xa polo serán interviñeron María Teresa González Justo, avogada e asesora xurídica da FGC, e Darío Andrade Expósito, Técnico de Caza na Subdirección Xeral de Biodiversidade e recursos Cinexéticos e Piscícolas.

Tódalas conferencias resultaron ilustrativas, amenas e enormemente interesantes para o colectivo da escopeta e o zurrón, finalizando cada bloque  con dúas mesas redondas nas que se puxeron de releve os problemas que maiormente se atopan os cazadores nos temas tratados.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.