Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NON SON CAZADORES
A Real Federación Española de Caza condena firmemente a morte por disparos de dous linces
12/10/2017
  • A RFEC mostra a súa indignación polo atentado cometido contra unha das nosas especies emblemáticas 
  • A RFEC e a FAC piden que non se asocie aos cazadores con este delito 
  • A Federación nacional acudirase como acusación particular, en conxunto coa FAC, cando se xulgue aos posibles culpables

A Real Federación Española de Caza (RFEC) quere expresar a súa máis firme condena e indignación polo atentado cometido contra unha das especies emblemáticas de España, tras a morte de dous exemplares de lince ibérico por disparos na provincia de Xaén.

O primeiro deles, unha femia de algo máis dun ano de idade, apareceu morto o 13 de setembro en Villanueva de la Reina e o segundo, un macho nado este ano, que se atopou o 9 de outubro en Vilches. Segundo desvelaron as necropsias, ambos morreron polo impacto de numerosos perdigones. 

Anxo López Maraver, presidente d"son desalmados que nada teñen que ver cos cazadores, que son respectuosos coas leis e as especies protexidas"a RFEC, aseverou que o autor ou autores destes lamentables feitos , polo que pediu que non se criminalice ao sector cinexético "nin se asocie aos cazadores con este delito realizado por un ou varios delincuentes".

No mesmo sentido expresouse o presidente da Federación Andaluza de Caza, José María Mancheño, quen afirmou: "Xamais este tipo de comportamentos delituosos poden asociarse á actividade cinexética, pois non forman parte dela".

Tanto a RFEC como a FAC sempre apoiaron e defenderon a recuperación do lince e, por iso, piden a calquera persoa que poida achegar algún dato para esclarecer os feitos que o poña en coñecemento da Garda Civil (correo electrónico seprona@guardiacivil.org) con moita brevidade. "Este caso debe representar un antes e un despois na colaboración entre cazadores e Garda Civil para acabar cunha secuela que prexudica a todos os que amamos, coidamos e respectamos o medio ambiente", indicou Mancheño.

Así mesmo, a Federación nacional alenta ao Seprona a realizar unha investigación a fondo, esperando que caia todo o peso da lei sobre os responsables, e López Maraver anunciou que a entidade federativa que preside acudirase como acusación particular, en conxunto coa Federación Andaluza de Caza, cando se xulgue aos posibles culpables.

A RFEC, igualmente, comparte a consternación das entidades conservacionistas implicadas na preservación do lince ibérico por estes lamentables sucesos, ofrecendo a súa colaboración para loitar contra a perda de exemplares deste felino por calquera causa e, en concreto, para que casos como este non volvan repetirse.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza