30 de novembro de -0001
II COPA FEDERACIÓN

Cans de parada e arceas en Noia e Lousame

O pasado sábado 2 de decembro disputouse a segunda edición da Copa Federación de Cans de Parada sobre Arcea organizada pola Federación Galega de Caza. Un paso mais dado pola FGC para o fomento dos cans de mostra sobre arcea, onde os becadeiros conversaron e intercambiaron opinións sobre as arceas, sobre os cans e sobre a súa caza, que tanta paixón levanta nos derradeiros anos nos cazadores de pluma.

Coa colaboración da sociedade de cazadores de Lousame – Noia coa cesión dos seus terreos tiña lugar esta segunda edición na que a abundancia de arceas non foi a desexada pero si a boa participación con 26 cans dos cales 3 correspondían a razas continentais e 23 a británicos.  

Destacar a participación da setter inglés femia de nome “Gerpa de Reinadama” de José Manuel Pallas que obtivo unha cualificación de 1ºMB, o setter inglés macho “Pecas” de José Manuel Cancela Rama tamén obtivo unha cualificación de 2º MB e foi nomeado como mellor promesa. 

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.