Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL OURENSE
Olé de Soñar, de Fernández Vecino, gañou o provincial
14/05/2018

Organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense, a que contou coa colaboración do Concello de Piñor e da Sociedade de Cazadores local “Pena Maior” a que cedendo de maneira altruísta os terreos cinexéticos para o seu desenvolvemento, o pasado día 12 de maio disputábase en Ourense o “IX Campionato Provincial de Cans de Rastro Atrelados” no que participaron un total de 18 cadelos.

Un Campionato que, puntuable para seguinte rolda da modalidade, contou cunha boa climatoloxía a pesar de que choveu en algúns momento do exercicio, e cun nivel alto, tal e como o amosa a igualdade de puntos que se deu nas primeiras posición, quedando a clasificación deste xeito:

  • 1º da proba, Salvador Sestelo Núñez (Pontevedra), co can “Beba” / 220 puntos.
  • , Antonio Sánchez Sesto (Pontevedra), co azul de Gascuña ”Tito” / 214 puntos
  • 3º e campión provincial, Juan Fernández Vecino (Ourense), co can “Olé de Soñar” / 212 puntos.
  • , José Rodríguez Domínguez (Pontevedra), co astur cántabro  ”Rider”. 206 puntos.

Rematada a competición levouse a cabo o tradicional xantar de confraternidade. Proclamación dos gañadores e a clausura do torneo que se disputou entre as 10 da mañá e ás 2 da tarde.

O tesoureiro federativo ourensán, José Castro Rivela, fixo de mestre de cerimonias, e o momento dos discursos o presidente da FGC en Ourense, Antonio García Reinoso, logo de agradecer a presenza de todos e de felicitar os gañadores,  animou os presentes a permanecer unidos “diante dos ataques dos animalistas para suspender a caza en Galicia”. Anunciando unha próxima reunión con tódalas forzas políticas para facerlle saber as inquedanzas do colectivo cazador e coñecer a realidade da caza na nosa terra. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CETRERÍA LALÍN
05/12/2018
Toño Reza, Brais Otero, Hector Gondar e Laura Trillo os cetreiros gañadores en Lalín

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
04/12/2018
Cans de Parada sobre Arcea en O Forgoselo

PROVINCIAL LUGO DE ARCEAS
03/12/2018
José Manuel Paredes gañador na Terra Cha

NACIONAL DE CAZA MENOR
30/11/2018
O galego Vasconcellos Vicente na final do Nacional de Caza Menor con Can


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza