Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CURSO SEGURIDADE OURENSE
Cazadores de Ourense participan no curso de “Seguridade na Caza”
15/10/2018

O pasado día 13 de outubro a localidade  de Verín foi punto de encontro dos cazadores que en bo número déronse cita no Centro Cultural de Ábedes para participar na Escola de Caza posta en escea pola Federación Galega de Caza, celebrándose un máis que interesante curso de normas, lexislación, seguridade na caza e primeiros auxilios, impartido polos profesionais: Aquilino Valencia, Axente Medioambiental e alcalde de Calvos de Randín; María Teresa González Justo, avogada e asesora xurídica da Federación Galega de Caza; Dario Andrade Expósito, Técnico de Caza da Subdirección Xeral de Biodiversidade e Recursos Cinexéticos e Piscícolas; e Uxía Álvarez Cerdeira e Lucía Rodríguez Míguez, diplomadas en enfermería.

Para ilustrar as conferencias proxectouse un video-documental rodado pola Produtora Lumavisión Galicia nunha cacería de xabarín e corzo en Laza, o que foi seguido con moita atención polos cazadores, así como polos relatores e relatoras que mantiveron o interese dos presentes  ata o final das exposicións, dada a importancia dos temas tratados, dos que entresacamos algunhas frases polo novedosas ou suxerintes que resultaron. Darío Andrade disertou sobre das novas normas dixitais impostas oficialmente en todo trato Sociedade-Administración, tendo os responsables das sociedade a obrigatoriedade desde “xa” de sacar un “certificado dixital” para calquera contacto coa consellería correspondente; Tamén falou da actual formula para informar das batidas, ganchos e monterías, recoñecendo que “fose mellor dar un tempo para ir adaptándose o novo sistema”. Pola súa banda, Mª Teresa  González,  referiuse á lexislación vixente e á responsabilidade administrativa e civil do cazador, facendo fincapé nas fortes sancións que supón infrinxilas. Tamén na conveniencia de estar cuberto por un bo seguro. No tocante a primeiros auxilios Tanto Uxía  Álvarez como Lucía Rodríguez, fixeron una ampla exposición de primeiros auxilios (tamén para os cans) e, entre outras cousas, explicaron o que temos que facer diante de  feridas graves e leves ou dun “golpe de calor”. 

En resumen, foron catro horas (de catro a oito da tarde) de conferencias tan interesantes como proveitosas, nas que púxose de manifesto, una vez máis, que neste deporte e imprescindible  “a cordura e o sentido común”, e en consecuencia a “precaución e a seguridade” no monte é primordial. 

O peso organizativo deste acontecemento lectivo levárono practicamente tres persoas: Antonio García Reinoso, Presidente da Federación Galega de Caza en Ourense,  Manolo Feijoo Castro, Secretario Xeral, e  Pepe Castro Rivela, Tesoureiro e quen tamén fixo de Mestre de cerimonias o  coordinar todo o acto lectivo no que colaborou a Sociedade “Pousadoiro” de Ábedes. A tódolos participantes se lles entregou una bolsa con efectos publicitarios, folletos ilustrativos e un diploma acreditativo de haber participado. Con esta de Ourense quedou inaugurado o calendario de conferencias sobre “Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios” promovidas pola Federación Galega.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

.
17/04/2019
Rectificación

#DIADAMULLER
08/03/2019
A Federación Galega de Caza, coa folga feminista do 8M

#ACAZATAMÉNVOTA
25/02/2019
E de caza que?

REUNIÓN XUNTA DIRECTIVA FGC
07/02/2019
A renovada Xunta Directiva da FGC marca as directices desta lexislatura despois da primeira reunión de traballo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza