CANS DE PARADA SOBRE ARCEA

Cans de Parada sobre Arcea en O Forgoselo

III Copa Federación de Caza Práctica sobre Arceas en As Pontes

O pasado sábado 1 de decembro arrincaba a xa consolidada proba de Caza Práctica sobre Arceas en As Pontes (A Coruña). Esta III edición estivo organizada pola Federación Galega de Caza e contou coa colaboración das Sociedades de Caza Santa María Cabalar e Venatoria As Pontes. 

Unha proba en auxe que nesta ocasión contou con 19 cans especializados na caza da arcea. Cans e conductores que ano tras ano amosan o incremento de nivel que se esta a producir na nosa comunidade en esta especialidade.

Con menos avistamentos de arceas dos que organización e participantes desexaran, remataba esta proba cas seguintes calificacións:

-       A setter inglés de nome “Cora da Braxe” de Francisco M. Santiago Rodríguez obtivo unha calificación de 1º MB.

-       O setter inglés de nome “Marxall de Piago” de José Manuel Pallas Germiñas obtivo a calificación de 2º MB.

-       A setter inglés de nome “Assia” de Alberto Cancela Facal foi mencionada como mellor xoven promesa.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.