Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
REUNIÓN XUNTA DIRECTIVA FGC
A renovada Xunta Directiva da FGC marca as directices desta lexislatura despois da primeira reunión de traballo
07/02/2019

Despois dunha intensa e fructifera reunión da Xunta Directiva da FGC celebrada o pasado martes día 5 de febreiro, que se prolongou durante case 6 horas, asentáronse os pilares dos vindeiros catro anos federativos ao mesmo tempo que se analizou a actualidade cinexética e federativa.

Comenzaba a reunión coa presentación da Xunta Directiva, membro por membro, na que sete caras novas conforman un equipo de traballo cargado de experiencia, frescura e implicación federativa.

A continuación tomaba a palabra o presidente da FGC, Javier Nogueira Diz, para marcar as directrices desta nova lexislatura 2018-2022 ao fronte da FGC marcando as pautas e obxetivos a levar a cabo neste vital ciclo para o futuro cinexético galego.

Estes foron algúns dos puntos tratados e analizados pola Xunta Directiva así como a asignación de tarefas e realización de proxectos:

- Informouse da presentación de alegacións ao borrador do Reglamento de Armas facendo fincapé naquelas alegacións que son máis destacadas para o cazador galego como poden ser o uso do “pinganillo” ou a custodia das armas.

- Púxose en valor e deúselle vital importancia á Escola da Caza-Aula Virtual dando xa os primeiros pasos para a próxima convocatoria de Cursos-Online

- Analizáronse diferentes propostas e unificación de criterios aportados polas diferentes Federación Provinciais ao mesmo tempo que se programou o estudo dos Comites de Caza Provinciais para afrontar o vindeiro Comité Galego de Caza.

- Levouse a cabo a preparación de propostas de elección dos novos órganos da Federación: comisión de competición, comité de xuíces e árbitros, comisión de xuventudes e comité de disciplina deportiva.

- O presidente tamén informou a Xunta Directiva das eleccións da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA)

- E para rematar, a futura formación dun equipo de traballo forte para afrontar a chegada neste 2019 do Reglamento de Caza.

Remataba a reunión co agradecemento por parte do presidente Javier Nogueira a Xunta Electoral e Xunta Executiva no pasado proceso electoral da FGC ao tempo que facía unha mención especial a anterior Xunta Directiva polo seu esforzo e dedicación en defensa da caza e da FGC.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”

DISTINCIÓNS MÉRITO DEPORTIVO 2023
31/01/2024
Javier Nogueira e José Ángel Torres reciben as Distincións ao Mérito Deportivo 2023


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza