Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA COMPAK
Cebreiro García campión da proba e Domínguez Treinta campión provincial en Xeve
13/05/2019

XX Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting

Ata un total de 43 tiradores citáronse en San Andrés de Xeve, o pasado 12 de maio,  para a desputa da edición XX do Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración dos Clubes de Tiro Río Lerez e Eido Dalbo.

A proba contou con duas canchas de tiro a duas voltas e na cal os tiradores enfrontáronse a un total de 100 pratos. Uns pratos moi técnicos que puxeron en apretos ás escopetas participantes que acusaron a falta de rodaxe competitivo.

Unha vez rematada a proba con total normalidade e deportividade os resultados nas diferentes categorías foron os seguintes:

Na Xeral Absoluta o campión foi Daniel Cebreiro García con 85 pratos. Con 84 arxilas escachadas remataba Daniel Domínguez Treinta que obtiña deste xeito a prata e o título de Campión Provincial. Manuel Blanco Puertas era o terceiro clasificado con 81 pratos. 

Na categoría Homes – Iniciado o primeiro clasificado era Ero Adrián Martínez Villasenín con 57 pratos. Co mesmo número de pratos pero en segunda posición remataba o tirador Alberto Casal Mosquera.

Ángel Ramón Vidal Quintela era o campión con 69 pratos na categoría Senior superando a Juan Garrido Amoedo e Alfonso Costas Castro con 67 en segunda e terceira posición respectivamente.  

Na categoría Veteranos o campión era José María González Rodríguez con 66 pratos escachados por diante de Manuel García Carrera que remataba a tirada con 54 pratos.

Luís Salmerón Madera con 50 arxilas era o campión na categoría de Máster.

A Selección Provincial que representará á provincia de Pontevedra no Autonómico da especialidade estará composta polos seguintes tiradores: Daniel Domínguez, Manuel Blanco, Roberto Rodríguez, Fco. Javier Rivero, Fernando Manjón, Esteban González, José Antonio Vasconcellos, Jesús Domínguez, Faustino Alonso, Jose M. Da Silva, Héctor Muiños, Jonatan García, Ángel Gómez, Juan Garrido, Alfonso Costas, Gabino Villamor, Manuel García e Luís Salmerón

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza