28 de xuño de 2019
PRESENCIAL E ONLINE

A Escola de Caza da FGC comeza unha nova tempada de formación para cazadores

Un ano máis a Escola de Caza da Federación Galega de Caza (FGC), en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, ponse en marcha para seguir formando aos cazadores galegos en materias como a seguridade na caza, os primeiros auxilios, a xestión de sociedades, o adestramento de cans e outras materias relacionadas coa actividade cinexética.

As catro provincias galegas terán a súas correspondentes xornadas de formación, de inscrición gratuíta, nas que diversos expertos en cada unha das materias tratarán multitude de temas de interese para os cazadores, e atenderán as cuestións que propoñan.

O primeiro destes cursos xa ten datas e lugar: será en Touro (A Coruña), os días 6 e 13 de xullo, baixo o título Adestramento de cans de caza para a seguridade na actividade cinexética”. Limitado a 25 prazas, e repartido entre dúas xornadas, este curso abarcará diversos temas relacionados co adestramento dos cans de caza, entre os que cobra especial importancia o da seguridade.

Máis cursos seguirán a este durante os vindeiros meses nas catro provincias galegas e tamén, por segundo ano, de xeito online a través da plataforma de formación da Escola de Caza. 

Seguiremos informando puntualmente de todas estas xornadas formativas nas vindeiras semanas.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.