2 de setembro de 2019
NA BUSCA DE SOLUCIÓNS

A FGC comunica o malestar dos cazadores galegos ante a problemática da emisión de licenzas

A Federación Galega de Caza é coñecedora da problemática que están a ter moitos cazadores para renovar as súas licenzas de caza nas oficinas da entidade ABanca.

A FGC xa comunicou á Consellería de Medio Ambiente a correspondente queixa por esta situación, requirindo algunha solución por parte da administración, ao tempo que se puxo á súa disposición.

Nos vindeiros días manterase unha xuntanza coa Consellería para tratar este e outros temas que preocupan aos cazadores galegos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.