Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
REUNIÓN CONSELLERIA E FGC
Novamente, o presidente da FGC ven de manter unha reunión coa Conselleira de Medio Ambiente para seguir avanzando na situación actual da Caza en Galicia
27/04/2020

O presidente da FGC, Javier Nogueira, e a Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, mantiñan no día de hoxe, luns 27 de abril, unha nova reunión de traballo con diferentes puntos vitais da actividade cinexética estando inmersos nesta complexa situación sanitaria na que se atopa a sociedade.

Como non podía ser doutro xeito, agradecer a atención e o traballo por parte da Consellería de Medio Ambiente á hora de afrontar as preocupación que foron trasladadas polo ente federativo ante o presente e futuro da actividade cinexética, así como a adaptación desta por mor do covid-19. Facendo un fincapé especial na chegada dunhas semanas moi sensibles no que os danos da fauna salvaxe, en colleitas e estradas, se refire.

Unha vez que a Xunta de Galicia ven de aprobar a realización de accións cinexéticas excepcionais, agardos e batidas, para mitigar os danos provocados, en gran medida polo xabaril nas colleitas, a FGC ve a ben que sexa a caza e os cazadores unha das ferramentas de xestión á hora de mitigar estes danos, como así o ven propoñendo dende sempre. Para elo a FGC entregou á Consellería un Protocolo Sanitario e de Protección a seguir polos cazadores no caso de ter que realizar accións de caza excepcionais de mitigación dos danos, acollido de moi bo grado a calidade de dito protocolo. O presidente da FGC e a Conselleira tamén coincidiron en que boa parte deste Protocolo Sanitario tamén se terá que aplicar na futura tempada cinexética. Unha vez máis a FGC reiterou a colaboración dos cazadores e sociedades de caza, conxuntamente coa Administración, o sector do agro e a sociedade galega en xeral, para dar axuda aos problemas dos danos nos campos e estradas galegas.

A problemática que o lobo esta a xerar no gando galego así como o achegamento deste depredador cada vez máis notable aos nucleos de población tamén foi abordado no transcurso da xuntanza, no cal a FGC aportou a Consellería datos e información de interese.

Outros temas como a vixencia da Emerxencia Cinexética, anticipación administrativa a tempada de caza 2020/2021, zonas de caza permanente, granxas cinexéticas, asexos de corzo, etc. tamén foron tratados e os cales estarán en primeira liña de acción federativa según vaia o avance da desescalada da pandemia e vixencia do Estado de Alarma.

Javier Nogueira rematou a súa intervención recordando que o cazador, como un membro máis da sociedade galega, estará preparado para a adaptación a esta nova normalidade que tamén afectará á caza, cos seus inconvintes, pero coa máxima responsabilidade.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza