Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL A CORUÑA COMPAK SPORTING
Daniel Cebreiro claro dominador do provincial coruñés de Compak
12/04/2021

Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting

No día de onte, 11 de abril, voltaba a tan desexada competición ás instalacións deportivas de Río Sar. O campo de tiro “Río Sar” acollía a fase provincial de A Coruña de Compak Sporting baixo a organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e coa colaboración vital da Sociedade Deportiva Río Sar.

Preto de medio cento de tiradores enfrontáronse aos 100 pratos dos que constaba a competición repartidos en dous campos a duas voltas. Pratos de diferentes traxectorias e moi técnicos que puxeron de manifesto as habilidades no tiro dos participantes, con maior ou menor acerto.

Era o tirador Daniel Cebreiro García o gran favorito para subir ao máis alto da clasificación e este non defraudou. Cebreiro impuxo o seu dominio dende o primeiro ao derradeiro prato, non dando moitas opcións ao resto de tiradores e rematando cun total de 93 pratos escachados. O segundo posto, con 84 pratos, era para Ángel Mosquera Cornide. O bronce, con 82 pratos, era para José Manuel Torres Parada despois dun desempate con Antonio Iglesias e Marcos Cabado.  

Na categoría de Senior o mellor clasificado era Fernando Sánchez Mancebo con 73 pratos. Eliseo Faraldo Fernández era o campión na categoría de Veteranos namentras que en Master o gañador era Ángel Mosquera Rodríguez.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CPTO. ESPAÑA CANS DE MOSTRA
2025-10-14
O setter “Zafir de Piago” do galego René Vale converteuse no Campión de España de Cans de Mostra Británicos e por equipos Galicia acadou o subcampionato nacional

NACIONAL DE SAN HUBERTO
2025-09-29
A galega Nuria Varela campiona feminina da Copa España de San Huberto

AUTONÓMICO DE COELLO
2025-09-28
Os beagles do coruñés José Javier Suárez acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE COELLO
2025-09-22
O lote propiedade de Arosa Dasilva proclamouse campión provincial na Lama


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza