PONTEVEDRA COMPAK SPORTING

Roberto Rodríguez foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting

A Federación Galega de Caza en Pontevedra organizaba no día de onte, 25 de abril, o seu Campionato Provincial de Compak Sporting coa colaboración do Clube de Tiro Eido Dalbo e o Clube de Tiro Río Lérez.

Unha proba desputada a 100 pratos e no que participaron 40 tiradores chegados dende as diferentes provincias galegas. Rematada a proba destacar o bo nivel de acerto en xeral dos tiradores inscritos.

Na clasificación xeral o primeiro posto foi para Daniel Cebreiro García con 97 pratos encadeando así unha xeira de extraordinarios resultados na modalidade de compak. Roberto Rodríguez Fernández foi o subcampión e o mesmo tempo proclamouse Campión Provincial con 91 pratos non sen antes realizar un desempate no que superaba a José Manuel Torres Parada que remataba en terceira posición. Daniel Domínguez Treinta e José Antonio Vasconcellos Vicente remataron no cuarto e quinto posto da clasificación xeral e obtiveron a prata e o bronce do provincial.

Na categoría de Senior o primeiro posto e campión provincial era para José Carlos Martínez González con 86 pratos.

En Veteranos o campión da proba era José María González Rodríguez con 74 pratos e o campión provincial Jaime Vilas Pereira con 66 pratos.

E na categoría Máster o primeiro posto e campión provincial era para Luis Salmerón Madera con 63 pratos.

Este Campionato contou co patrocinio de: Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.