Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CONVENIO
Convenio de colaboración entre a FGC e a Sociedade Deportiva Río Sar
07/05/2021

A Federación Galega de Caza ven de asinar un convenio de colaboración coa Sociedade Deportiva Río Sar, titular do campo de tiro do mesmo nome, para a organización, entroutras, das seguintes actividades: 

CAMPIONATOS SOCIAIS: As sociedades de caza e clubs federados interesados en organizar os seus campionatos sociais de Percorridos de Caza, Compak Sporting, Agility, Arco e Field Target nas instalacións da SD Rio Sar, ademais de dispor de varias canchas e campos para levar a cabo ditas competicións, contarán coa colaboración e apoio técnico necesario por parte da entidade.As sociedades e clubs interesados deberán realizar a súa petición a través da FGC.

ADESTRAMENTO DE TIRO (percorridos e compak) PARA XUVENÍS E MULLERES: Os  federados/as das categorías xuvenís e mulleres poderán facer uso das instalacións de Río Sar nas mesmas condicións que os seus socios/as destas categorías, sendo por conta de dita entidade tanto a organización dos adestramentos como o custo dos pratos.

ACTIVIDADES DE TIRO (percorridos e compak) PARA GRUPOS DE FEDERADOS/AS: A SD Río Sar organizará actividades de tiro para grupos de federados/as (mínimo 10 persoas), nas que os participantes poderán participar coas mesmas condicións que os socios/as de dita entidade. Os grupos interesados deberán realizar previamente a súa petición a través da FGC.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: A SD Río Sar organizará unha xornada de portas abertas na que poderán participar todos os federados/as que, ademais de contar co asesoramento dos organizadores/as, poderán participar nas tiradas de Percorridos de Caza e Compak beneficiándose dos mesmos prezos que os socios/as da entidade.

XORNADAS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO: A SD Río Sar organizará xornadas formativas de iniciación e perfeccionamento das especialidades deportivas de Percorridos de Caza, Compak Sporting, Agility, Arco e Field Target, dirixidas a federado/as.

XUVENTUDES POLA CAZA: Os membros acreditados das Xuventudes pola Caza gozarán das instalacións da SD Río Sar nas mesmas condicións que os seus socios/as. A SD Río Sar pon tamén a disposición deste colectivo xuvenil as instalacións e a súa colaboración técnica para a organización das súas actividades.

SELECCIÓN GALEGA: Os membros das Seleccións Galegas Percorridos de Caza, Compak Sporting, Agility, Arco e Field Target, trala súa clasificación para os respectivos campionatos de España ou Internacionais, poderán realizar os seus adestramentos nas instalacións da SD Río Sar,  nas mesmas condicións que os socios/as de dita entidade. 

XORNADA PRÁCTICA DE SEGURIDADE NA CAZA: As instalacións da SD Río Sar acollerán unha xornada teórico-práctica de seguridade no manexo das armas, que ten por obxecto formar aos cazadores/as para que adquiran habilidade e destreza pero tamén seguridade no manexo das armas, vital para a práctica dunha caza segura.

LOCAL SOCIAL: A SD Río Sar pon a disposición da FGC o seu local social para a celebración de calquera tipo xuntanzas. No caso de que algunha sociedade de caza precisara facer uso deste local para a celebración das súas reunións deberá solicitalo previamente á FGC.

Co obxecto de compatibilizar a organización das actividades enumeradas anteriormente coa programación das actividades propias da SD Rio Sar, as peticións para participar nas actividades conveniadas deberán realizarse con tempo suficiente ante a Federación Galega de Caza.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

FRECUENCIAS DIXITAIS
26/05/2021
A FGC tramita a dixitalización das súas frecuencias de emisoras para un uso conxunto coa comunicación analóxica actual

ORDE DE VEDAS
06/05/2021
Datos de interese da Orde de Vedas para a tempada 2021/2022

FGC - COMITÉ
16/04/2021
Estas foron algunhas das propostas presentadas pola FGC ante o Comité Galego de Caza

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/04/2021
Xuntanza do Comité Galego de Caza tempada cinexética 2021/2022


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza