27 de xuño de 2021
MEMORIAL RRCC

Daniel Cebreiro adxudícase o Memorial en Río Sar

Campionato de Percorridos de Caza Memorial José e Manuel Cea Seoane

Hoxe, 27 de xuño, desputouse no Campo de Tiro Río Sar, unha cita xa consolidada dentro da modalidade de Percorridos de Caza en Galicia, o Memorial José e Manuel Cea Seoane. Campionato desputado a 100 pratos en 2 líneas de tiro e con 36 máquinas automáticas. Todo elo organizado pola Sociedade Deportiva Río Sar e coa colaboración da Federación Galega de Caza.

Á proba acudiron 60 tiradores chegados das catro provincias galegas que desfrutaron dunha intensa xornada de disparos e pratos.

 

Rematada a competición, foi o tirador Daniel Cebreiro García o que acadaba o primeiro posto da clasificación Xeral ao escachar un total de 91 pratos. A segunda posición era para José Manuel Torres Parada que remataba con 88 pratos. O terceiro caixón do podio, con 87 pratos, foi ocupado polo tirador José A. Rivero Rivero.

En Senior impoñíase Jose Luis Sánchez Mancebo con 87 pratos. A prata era para Ángel Ramón Vidal Conde e o bronce para Ángel Gómez González.

Na categoría de Veteranos o campión foi o tirador Antonio Castro Ferreiro con 74 pratos escachados. Eliseo Faraldo Fernández e Ángel Vidal Conde acadaban o segundo e terceiro posto con 68 e 62 pratos, respectivamente.

Na categoría Xuvenil e despois de realizar unha extraordinaria tirada o gañador era Omar Insua Rodríguez con 82 pratos rematando en novena posición da xeral.

Na categoría Máster o gañador era Ángel Mosquera Rodríguez con 72 pratos. E con 67 pratos, Jesús García Salgado, era o mellor en Iniciados.

Rematada a competición e durante a entrega de premios, a Sociedade Deportiva Río Sar quixo facer unha mención ás casas e entidades patrocinadoras así como un agradecemento especial aos árbitros da competición.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.