Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AUTONÓMICO DE COMPAK SPORTING
Daniel Cebreiro Campión Galego de Compak Sporting
30/05/2022

XXII Campionato Galego de Compak Sporting

No día de onte, 29 de maio, o engranaxe da Sociedade Deportiva Río Sar púxose en marcha coa desputa do Autonómico de Compak Sporting. Foi a posta a punto para a celebración, nestas mesmas instalacións, do Campionato de España e Campionato de Europa FITASC que se desputarán no vindeiro mes de xuño neste fermoso e moi acondicionado Campo de Tiro.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar desputábase a edición XXII do Campionato Galego de Compak Sporting. Un campionato no que o tirador coruñés Daniel Cebreiro García, subcampión da edición anterior, impuxo o seu dominio e acadou o posto máis alto da clasificación xeral.

As seis canchas de tiro no que trascorreu este autonómico eran descritas polos máis de 90 tiradores participantes como de enorme calidade e vistosidade. Canchas con pratos complexos que foron a antesala do campionato nacional e europeo que Galicia ten ás portas.

O coruñés Daniel Cebreiro García proclamouse Campión Galego de Compak Sporting despois de escachar un total de 139 pratos, destacando os derradeiros 50 pratos nos cales obtivo a marca de 49 escachados. Cebreiro superou en 4 pratos o pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández que rematou con 135 pratos como subcampión galego. Para coñecer o terceiro posto da clasificación xeral foi preciso realizar un desempate entre Antonio Iglesias Otero e Francisco Javier Villanueva Dejuane que remataban con 133 pratos. O ata onte actual campión da especialidade, Iglesias Otero, resultou gañador neste desempate e acadou o bronce autonómico. Destacamos a tirada realizada polo ourensán Villanueva Dejuane que remataba cun máis que meritorio cuarto posto da clasificación xeral. Esta edición tamén nos deixou a grata sorpresa da magnífica tirada do xuvenil Omar Insúa Rodríguez que se situaba na sétima posición da clasificación xeral e campión da súa categoría Xuvenil. Xa é todo unha realidade que Omar Insúa é e será unha das prestixiosas escopetas do tiro galego.

 

O lucense Constantino Vilar Rodríguez era o campión da categoría Senior con 127 pratos. Alfredo Augusto García Mendoza e Manuel García Pombo eran, con 125 e 120 pratos, o segundo e terceiro clasificado da categoría.

José González Yañez era o campión da categoría Veteranos con 109 pratos. A prata era para Gabino Villamor Vázquez con 102 pratos e con 99 pratos o terceiro clasificado era Antonio Castro Ferreiro. 

Ao abano de campións deste Autonómico sumábanse os seguintes tiradores: Elisabeth Campos Dorna en Donas e Jose María González Rodríguez en Másters.

 

Antes da entrega de premios tivo lugar un emotivo acto no cal a Sociedade Deportiva Río Sar, da man do seu presidente Luis Sánchez Mancebo, facía entrega da insignia de ouro da Sociedade ao presidente da FGC Javier Nogueira Diz. En verbas de Sánchez Mancebo “polo seu traballo, esforzo e adicación na defensa da actividade cinexético deportiva”. Javier Nogueira con certa emoción despedíase agradecemento por os máis de 25 anos de representación federativa nos cales sempre se sentiu arroupado polo colectivo cinexético.

Tanto o presidente da Sociedade Deportiva Río Sar, Luis Sánchez Mancebo, como o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, pecharon o acto de clausura agradecendo de anteman o traballo e esforzo a realizar por ambas entidades para a celebración dos Campionatos de España e de Europa de Compak Sporting que se desputarán en vindeiras datas en Galicia e concretamente no campo de tiro de Rio Sar.

Este Campionato Galego contou coa colaboración de Solognac e a Deputación da Coruña e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza