Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MUTUASPORT - FGC
A Veiga acolleu con éxito a presentación do Libro “Cefenemiosis no Corzo”
03/07/2023

O pasado 1 de xullo na localidade ourensá da Veiga, Mutuasport e a Federación Galega de Caza presentaron o libro titulado "Cefenemiosis no Corzo", un novo exemplar da Biblioteca Cinexética de Mutuasport, dos autores Luis Eusebio Fidalgo e Ana López, ambos Doutores en Veterinaria pola USC.

Aproveitando este evento, a Federación Galega de caza organizou, dende a media maña, unha serie de actividades lúdicas paralelas para achegar os beneficios da actividade cinexética e da Federación, instalando na praza do concello un simulador de tiro virtual onde os interesadospuideron practicar dita actividade, aprender ou mellorar a súa puntería; e un stand co que a Federación pretendeu achegar a caza deportiva e a caza como actividade rural sostible e dinamizadora da sociedade en xeral, ademáis de repartir diversos obsequios aos visitantes.

Ás 17:30 horas tivo lugar na ateigada Sala de Conferencias “O Toural” a presentación do libro por parte do presidente de Mutuasport José María Mancheño; do presidente da Federación Galega de Caza e coautor do libro Luis Eusebio Fidalgo; de Ana Mª López-Beceiro, coautora do libro e tamén Dra. Veterinaria Universidade de Santiago de Compostela; de Juan Anta, Alcalde da Veiga e Manuel Gallardo e do presidente da Real Federación Española de Caza, Manuel Gallardo.

En verbas do presentador do acto, Manuel Pérez Requejo, este libro abarca todo o relacionado coa enfermidade do corzo que cambiou moito nas últimas décadas. É unha obra de natureza científica que aborda un mal de especial relevancia, non só para os profesionais veterinarios e da conservación do noso país, senón tamén para os afeccionados á caza do corzo. 

Compretouse a xornada cunha participativa Mesa Debate baixo o título “Responsabilidades no aproveitamento cinexético” moderada polo presidente da FGC en Ourense, Antonio García Reinoso, no que interviron: Luis Eusebio Fidalgo, presidente da FGC; Jose María Mancheño, presidente da Federación Andaluza de Caza e de Mutuasport; Javier Verges, xerente de Mutuasport; Manuel Gallardo, presidente da RFEC; Juan José Gómez Fernández, xefe de servicio da Consellería de Medio Ambiente en Ourense e  Vicente Lameiro, presidente da Sociedade de Caza Seoane.

O acto tamén tivo o seu momento emotivo co recoñecemento a Javier Nogueira, ex-presidente da FGC, polo traballo realizado durante case 30 anos en defensa da caza e dos cazadores, recollendo unha placa da man do presidente da RFEC, Manuel Gallardo.

A xornada rematou cunha degustación de caza e produtos locais.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO INICIACIÓN TIRO XUVENTUDES
29/04/2024
Curso de Iniciación ao Tiro para as Xuventudes

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza