Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COPA GALICIA CANS DE PARADA
“Bono da Brisa da Ría” de Eloy Rodríguez en Británicos e “May de la Judería” de Vicente Cortés en Continentais, foron os Campións Galegos da Copa Galicia
10/07/2023

XXII Copa Galicia Cans de Parada - Campionato Galego 2023

No día de onte, 9 de xullo, tivo lugar a derradeira proba da Copa Galicia de Cans de Parada que se desputou nos terreos do Tecor San Vicente de Vimianzo. Uns fantásticos campos cedidos pola sociedade de caza local e os cal deron os resultados definitivos dos campións galegos da Copa Galicia deste 2023.

A organización do Campionato recaeu na Federación Galega de Caza en colaboración con dita sociedade de caza e sendo o director da proba José Sanmartín Pérez.

Os terreos foron valorados moi positivamente polos participantes, xunto cunhas extraordinarias condicións climáticas permitiu a consecución de numerosos puntos por parte das diferentes parellas de cans participantes. O campionato foi desputado sobre perdiz sementada.

Nesta derradeira proba, o campión en Británicos foi o pointer “Nerón de Pasarín” de Jose María Carnota Ríos cunha calificación de 1EXC. O tamén pointer macho de nome “Jelou de Torres da Varela” de Carlos Lalín Ferreiroa obtivo o segundo posto cun 2 EXC. Tamén cun 3 EXC remataba, en terceira posición, o setter inglés macho “Roi de Vilar de Donas” de René Vale García.

En Continentais a braco alemán “May de la Judería” de Vicente Cortés Doce foi o único que obtivo a calificación de 1 MB. 

Finalmente, sumados os resultados das probas puntuables da Copa Galicia, a clasificación final galega de Cans de Parada 2023, que conforma a Selección Galega, foi a seguinte.

RAZAS BRITÁNICAS

1º e campión “Bono da Brisa da Ría”, setter inglés macho de Eloy Rodríguez Martínez, con 76 puntos.

2º “Azor da Brisa da Ría”, setter inglés macho de Eloy Rodríguez Martínez, con 58 puntos.

3º “Dexter da Brisa da Ría”, setter inglés macho de Eloy Rodríguez Martínez, con 36 puntos.

4º “Cora”, pointer femia de Fernando Manso Gómez, con 36 puntos.

 

RAZAS CONTINENTAIS

1º “Mai de la Judería” braco alemán femia de Vicente Cortés, con 35 puntos.

2º “Oscar de la Judería” braco alemán macho de Vicente Cortés, con 25 puntos.

3º “Ciro de Poldarriba” braco alemán macho de Vicente Cortés, con 20 puntos.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza