Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NACIONAL DE ARCEAS
O galego Antón Moure coa setter “Lira” subcampión de España de Arceas
22/01/2024

Os días 19 e 20 de xaneiro tivo lugar na localidade madrileña de Puebla de la Sierra o XXXII Campionato de España de Becadas e a II edición do Nacional Feminino da especidalidade.

Unha das probas raiñas do calendario de competicións da RFEC desputado na Reserva Nacional de Caza de Sonsaz e na que a selección galega acadaba grandes resultados. Unha selección conformada por José Antonio Vasconcellos, Antón Moure, José Manuel Díaz e Nuria Varela.

A ledicia chegou para Galicia da man do xoven cazador coruñés Antón Moure que, acompañado da súa extraordinaria setter de nome “Lira”, foi quen de acadar o subcampionato de España de Arceas. Unha gran participación de Antón Moure que estivo a piques de ser o campión nacional ao completar o cupo de 3 arceas con 5 disparos, sendo superado polo navarro Juan Ángel Arana que tamén acadou o cupo pero empregando 4 disparos. Un sobervio resultado tendo en conta o alto nivel de participación e resultando ser un campionato con abundante caza baixo condicións moi esixentes.

O lucense José Manuel Díaz tamén compretou unha gran participación cunha quinta posición na xeral con 500 puntos.

Noraboa á selección galega por poñer a Galicia no máis alto do panorama cinexético-deportivo nacional!

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CPTO. ESPAÑA CANS DE MOSTRA
2025-10-14
O setter “Zafir de Piago” do galego René Vale converteuse no Campión de España de Cans de Mostra Británicos e por equipos Galicia acadou o subcampionato nacional

NACIONAL DE SAN HUBERTO
2025-09-29
A galega Nuria Varela campiona feminina da Copa España de San Huberto

AUTONÓMICO DE COELLO
2025-09-28
Os beagles do coruñés José Javier Suárez acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE COELLO
2025-09-22
O lote propiedade de Arosa Dasilva proclamouse campión provincial na Lama


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza