22 de xaneiro de 2024
PROVINCIAL DE OURENSE DE ARCEAS

Jaime Pintos con “Hidra de Pasarín” resultou campión provincial de Ourense

XXVII Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas

No Tecor de Xinzo de Limia tiña lugar, o pasado 20 de xaneiro, a edición número XXVII do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas. Unha proba que contou coa organización da Federación provincial de Ourense de caza e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de dito terreo cinexético.

Ás 9:00 horas arrincaba a fase provincial na que cans e cazadores tentaron dar caza ás esquivas e impredecibles picudas. Non houbo os avistamentos desexados pero si foi unha xornada cinexética chea de lances e deportividade.

O cazador Jaime Pintos Davila coa setter inglés de nome “Hidra de Pasarín” foi o campión provincial con 500 puntos. Coa mesma puntuación pero xa en segunda posición remataba Alfonso García Rodríguez que participou coa cadela “Jara”. O bronce foi  para o cazador Mikel Álvarez Soriano que parcipou co setter “Wall”.

A selección de Ourense para o vindeiro Autonómico da especialidade quedou comformado polo podio máis os cazadores Jose Luis Méndez Tesouro e Silverio Vázquez Mosquera.

Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.